Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Os profesionais

Bibliotecaria rindo ao teléfono

Belén, da Biblioteca Castrillón

Vocación de servizo público, compromiso social e construción cívica.

Un equipo de máis de 90 profesionais á túa disposición para axudarte, aconsellarte, guiarte, informarte. Persoas abertas a escoitar as túas necesidades e demandas e a mellorar coas túas ideas e suxestións.

Oficinas de coordinación. Directorio

Estas somos as persoas que, desde o Servizo Municipal de Bibliotecas, coordinamos e damos soporte ao conxunto de bibliotecas:

Bibliotecas. Directorio

Nós traballamos cos nosos equipos en cada unha das bibliotecas da rede municipal:

O alumnado en prácticas

Cada ano recibimos estudantado que escolle as bibliotecas para realizar as súas prácticas profesionais. É un pracer compartir con eles/as a súa primeira experiencia no ámbito laboral e ensinarlles o que sabemos. Nós tamén aprendemos das súas preguntas e da súa mirada renovada sobre o que ofrecemos e como o facemos.

A comunidade

Persoas usuarias das bibliotecas

Estas son algunhas das persoas que visitan as bibliotecas

Veciños e veciñas da Coruña. Traballamos para eles e con eles, individuos e colectivos.

Queremos que calquera persoa ou grupo da comunidade poida atopar na biblioteca un espazo de relación, comunicación, aprendizaxe e lecer adaptado ás súas necesidades. Axúdanos a construílo: visita as bibliotecas, utiliza os seus servizos e proponnos as túas ideas.

As persoas voluntarias

Enrique, Mª José, Natalia, Manuel, Rosa, Juan, Teresa, Pilar... decidiron compartir o seu tempo, as súas habilidades e entusiasmo e colaboran connosco como voluntarios/as achegando a biblioteca a aquelas persoas con mobilidade reducida, mediante o préstamo a domicilio e asumindo labores de alfabetización dixital, educación para persoas adultas, dinamización de grupos de práctica de idiomas e clubs de lectura. Admiramos o seu altruísmo e o agarimo que poñen en todo. Algunhas destas persoas quedan connosco moito tempo, coma Enrique que, despois de máis de dez anos, é todo un veterano e un exemplo para todos. Moitas grazas. Aprendemos cada día de vós.

Podes coñecer máis sobre estas persoas nos Retratos comprometidos.

As persoas usuarias

O grande atractivo das bibliotecas municipais da Coruña é que son espazos plurais cun público diverso en idades, procedencias, formación, opinións, sensibilidades, intereses,... e reciben miles de visitas, cada día, de persoas que, soas ou en grupo, buscan e fan cousas moi diferentes.

Aínda así seguímonos esforzando cada día para que todos os veciños e veciñas da Coruña saiban que as bibliotecas lles poden axudar a exercer dereitos cívicos básicos: información, participación, igualdade de oportunidades, formación permanente, diversidade e diferenza, acceso á cultura. Descubre o que che ofrecen as bibliotecas.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?