Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Como buscar no catálogo

Cascarilleiro, o buscador do catálogo, durmido.

Cascarilleiro busca por ti no catálogo

Cascarilleiro, o buscador do catálogo en liña das Bibliotecas, le e busca cada palabra que introduces para mostrarche só aqueles materiais que a/as conteñen.

Por iso, só tes que indicarlle aquilo no que estás interesado, e Cascarilleiro buscarao por ti.

Estas son as principais cuestións que debes ter en conta:

Buscar no catálogo completo

Captura de pantalla onde se visualiza a busca no catálogo completo

Usa esta busca cando che interese buscar no catálogo completo das 8 bibliotecas. Ten en conta que desde calquera biblioteca facemos peticións de libros ás outras

Volver a menú

Buscar nunha única biblioteca

Captura de pantalla onde se visualizan as distintas localizacións onde se pode buscar no catálogo en liña

Cascarilleiro permite que realices as buscas nunha única biblioteca.

Para facelo, só tes que seleccionar unha biblioteca da listaxe e recuperará só aqueles resultados que estean localizados na biblioteca que elixas.

Usa esta busca cando che interesen só os materiais da biblioteca do teu barrio, a que está preto do teu centro de traballo, etc.

Volver a menú

Busca sinxela

Captura de pantalla onde se visualiza a busca sinxela

Esta busca é moi útil para buscas xenéricas. Cascarilleiro buscará os termos da túa busca en calquera parte dos rexistros.

Por exemplo, se introduces os termos Pedro Almodóvar, Cascarilleiro mostrarache todos os materiais que conteñan esas palabras no TÍTULO, na MATERIA, no AUTOR, etc. É dicir, recuperará todas as películas que dirixiu, as que produciu, todos os documentais e libros que tratan sobre a súa figura, as bandas sonoras das súas películas, etc.

Volver a menú

Busca avanzada

Captura de pantalla onde se visualiza a busca avanzada

Con esta busca podes indicarlle a Cascarilleiro en que campo ou campos queres que aparezan os teus termos de busca. Ten en conta que Cascarilleiro pode simultanear a busca en máis dun campo.

Por exemplo, se introduces os termos Pedro Almodóvar no campo MATERIA, e os anos 2010 e 2015 no campo PUBLICADO ENTRE, Cascarilleiro limitarase a buscar todos os materiais das bibliotecas que traten sobre Pedro Almodóvar publicados entre o 2010 e o 2015, e deixará fóra dos resultados todos os demais.

Volver a menú

Resultados das buscas: as listaxes

Captura de pantalla onde se visualiza una listaxe de resultados

Cascarilleiro sempre mostra os resultados en forma de listaxe e moitas veces incorpora unha imaxe ao lado de cada documento para facilitar a súa identificación.

Cascarilleiro mostrarache toda a información dun rexistro cando cliques sobre o seu TÍTULO.

Se queres retroceder á listaxe de resultados, podes pulsar sobre RESULTADOS. Se queres empezar de novo, faino sobre VOLVER A BUSCAR.

Volver a menú

Resultados das buscas: dispoñibilidade dos materiais

Captura de pantalla onde se visualiza una listaxe de resultados

Cascarilleiro móstrache a localización e dispoñibilidade dos materiais se premes enriba do seu título.

Cascarilleiro mostrarache toda a información dun rexistro cando premas sobre o seu TÍTULO.

Na parte inferior poderás ver que biblioteca ten ese material, se está dispoñible ou non, ou se está prestado. Neste último caso, Cascarilleiro tamén che indica cal é a data de devolución.

Volver a menú

Buscas sin resultados

Captura de pantalla onde se visualiza una listaxe de resultados

Cando Cascarilleiro non atopa ningún rexistro que coincida cos termos da túa busca (porque non hai nada nas bibliotecas ou porque os escribes de forma incorrecta) traerache unha pantalla similar a esta:

Cascarilleiro non se rinde e segue buscando alternativas á túa busca.

Se clicas sobre BUSCAR TÉRMINOS PARECIDOS EN EL ÍNDICE, verás as alternativas que Cascarilleiro che ofrece aos teus termos de busca:

  1. se escribiches mal algún termo, este índice mostrarache a forma correcta de escribilo e poderás seguir buscando
  2. se non hai nada nas bibliotecas que conteña os teus termos, Cascarilleiro darache as alternativas máis próximas

Volver a menú

Rexistros sin exemplares

Captura de pantalla onde se visualiza una listaxe de resultados

En ocasións Cascarilleiro localiza materiais que non teñen exemplares asociados porque que non están dispoñibles para o préstamo.

Isto pode deberse a que aínda estamos traballando con ese material para prestarcho nas condicións óptimas, que se encontra en mal estado e estamos intentando repoñelo ou fai referencia a outro material que o contén. Neste último caso, clica no enlace de DOCUMENTO FUENTE  e terás a información completa.

 

Volver a menú

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?