Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Biblioteca Municipal Monte Alto

Exterior da Biblioteca Municipal de Monte Alto

Visita o álbum de fotos desta biblioteca

Horario

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

  • Luns a venres de 09.00 h. a 21.00 h
  • Sábados de 10.00 h a 14.00 h.

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

  • Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h
  • Sábados de 10.00 h a 13.00 h.

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 3 - Liña 3A - Liña 4 - Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 11- Liña 17

Estacións de bicletas

Que me ofrece esta biblioteca

Nesta biblioteca, coma nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...

Se non te podes achegar á biblioteca, podes pasar polo Punto de Lectura que temos habilitado no Centro Cívico da Cidade Vella, todos os luns de 11 a 12 horas.

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Monte Alto abriuse ao público en xuño de 1999, e converteuse naquel momento na primeira biblioteca municipal totalmente informatizada, tanto no servizo de préstamo como na xestión de acceso á colección e á oferta de ordenadores de acceso público.

Situada no barrio histórico de Monte Alto, a Biblioteca sitúase na terceira planta do Centro Cívico, do mesmo xeito que o Centro ADCOR-Asociación de Discapacitados Coruñeses.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia, e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso ao coñecemento e susceptibles de marxinalidade e á práctica cultural, lectora e formativa.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Un día na Biblioteca Monte Alto

Busca no catálogo

Próximas actividades nesta biblioteca

  • Merendas con contos: Traballiños de verán

    Cando:

    25/04/2018

    Inscricións:

    Dende o 18/04/2018 ata o 25/04/2018

    Require inscrición

    Horario:

    De 18 a 19 horas

  • CantoConto!: Quérote moito

    Cando:

    02/05/2018

    Inscricións:

    Dende o 25/04/2018 ata o 02/05/2018

    Require inscrición

    Horario:

    De 18:00 a 19:00 horas

  • Merendas con contos: Cores e familias

    Cando:

    09/05/2018

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2018 ata o 09/05/2018

    Require inscrición

    Horario:

    De 18 a 19 horas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?