Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Alfabetización de persoas adultas

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Adultos

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten estas actividades?

Gozando para aprender - Biblioteca Fórum Metropolitano.
Estas actividades están destinadas a persoas adultas que non perderon as ganas de aprender co paso dos anos. É unha actividade de formación lúdica que pretende desenvolver as destrezas lingüísticas e comunicativas no contexto dunha sociedade cambiante, desenvolvendo un pensamento critico, a partir da práctica sistemática da reflexión, observación e a análise da súa contorna, fomentando a independencia, a curiosidade e a aprendizaxe durante toda a vida.

Educación para adultos - Biblioteca Ágora.
Este programa realízase en colaboración coa entidade Cáritas-Fogar Boandanza reúne a persoas maiores que teñen a necesidade de adquirir unha serie de coñecementos e unha bagaxe cultural que non puideron recibir na súa infancia e mocidade debido a diversas circunstancias.
Pretende polo tanto achegar a cultura ás persoas maiores, mellorar o seu nivel educativo, exercitar a memoria, facilitar a súa socialización e potenciar o envellecemento activo.

Lectura fácil - Biblioteca Ágora.

Hai persoas que teñen dificultades no acceso á lectura por diversas razóns: pouca ou nula escolarización, mala comprensión de textos, alfabetización noutra lingua…

Trátase de manter reunións para a lectura e análise de textos sinxelos que propicien unha progresiva mellora na compresión dos mesmos, a perda do medo á lectura doutros textos máis complexos e a mellora na expresión oral e escrita.

Como participar:

  • En setembro/outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles.

Onde e cando

Actividade Lugar Día Hora Frecuencia
Gozando de aprender Biblioteca Fórum Metropolitano Martes e Xoves 10.00 horas Semanal
Educación para adultos Biblioteca Ágora L, M, X, V 17:00 horas 2 días á semana
Lectura fácil Biblioteca Ágora Luns e Mércores 12:00 horas Semanal

Seguro que tamén che interesa

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Próximo recital

  • Poetas di(n)versos: Víctor Rodríguez Núñez e Xiana Arias

    Cando:

    26/11/2018

    Inscricións:

    Entrada libre ata completar a capacidade

    Horario:

    20.30h

    Enderezo:

    Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?