Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

O proxecto

We love bibliotecas públicas

Espazos, recursos, servizos e actividades para informarse e formarse, para acceder á cultura.

  • Espazos para debater e compartir.
  • Espazos integradores de diversidade de públicos, ideas e opinións.
  • Espazos próximos e amigables para ti, sexa cal for a túa idade, formación ou intereses.

Se non atopas o que buscas, déixanos a túa suxestión.

Apostamos por...

  • Acceso á información e ao coñecemento. Traballamos para ofrecer unha colección e uns servizos que poñan a información e o coñecemento a disposición de todos e para consolidar a posición de todas as bibliotecas da rede como espazos de encontro, opinión e debate abertos a toda a cidadanía. As persoas, asociacións e entidades da comunidade saben que dispoñen dun espazo no que expoñer e compartir os seus coñecementos, proxectos e ideas.
  • Educación, formación permanente e autoaprendizaxe. Colaboramos activamente coas escolas e institucións educativas e proporcionamos recursos e apoio para a formación continua e a aprendizaxe ao longo da vida para aqueles que deciden aprender pola súa conta e que xa están fóra das canles da educación formal (escola, universidade...) Cada ano, nos programas de colaboración cos centros escolares, participa alumnado e profesorado de escolas infantís, centros de primaria e centros de secundaria de toda a cidade. No ámbito da formación permanente e a autoaprendizaxe, estamos a traballar para mellorar a oferta de recursos e programas e actividades formativas para persoas adultas.
  • Promoción da lectura. Porque a lectura permítenos acceder á información, mellorar a nosa formación, coñecer ideas e pensamentos doutras persoas, contrastar os nosos puntos de vista, gozar da experiencia estética e participar da tradición cultural.
  • Memoria local. Unha das bibliotecas da rede, a Biblioteca de Estudos Locais, reúne e conserva toda a información relacionada coa Coruña. Entre os seus máis de 60.000 documentos pódense atopar libros, folletos, revistas, láminas, postais, bandos, dossieres de prensa, mapas, audiovisuais.... Todo o que necesitas para coñecer o pasado e presente da cidade.

Queremos bibliotecas que lles axuden a crecer ás persoas e ás comunidades.

Coñezo as bibliotecas municipais da Coruña, lin esta declaración de intencións e teño suxestións respecto diso

Así traballamos...

  • Partimos das necesidades e intereses da cidadanía para deseñar a oferta de espazos, recursos e actividades. Prestamos especial atención ao que nos contan no día a día, nas conversas nas bibliotecas ou nos comentarios nas redes sociais. Ademais, realizamos enquisas de satisfacción de maneira periódica e dispoñemos dun sistema de suxestións e reclamacións. Horarios, funcionamento de servizos, melloras en instalacións, cambios nos sistemas de inscrición en actividades, impulso de novos programas, son algunhas das cousas que melloramos coas achegas das persoas usuarias. No ámbito dos materiais de lectura, temos que destacar que cada ano incorpóranse á colección das bibliotecas unha media de 450 títulos que proceden das suxestións de compra que nos presentan. Tamén, os contactos permanentes con outras entidades, colectivos e asociacións do territorio, permítennos identificar moitas das necesidades da cidadanía que aínda non utilizan os servizos das bibliotecas, fundamentalmente porque non lles estamos ofrecendo o que necesitan. O éxito ou non para nós depende de que sexamos capaces de traducir as necesidades e intereses dos nosos veciños en servizos e prestacións.
  • Desde o ano 2004 temos implantado un sistema de calidade que nos axuda a mellorar tanto os procesos internos de traballo como a oferta e xestión dos servizos ao público. Establecemos obxectivos, accións de mellora, utilizamos indicadores, avaliamos e obtivemos a certificación de AENOR no ano 2005, que seguimos mantendo.
  • Cada biblioteca ten o seu equipo pero a nivel transversal moitos de nós participamos en grupos de traballo que buscan o impulso de novas liñas de traballo ou a coordinación de todas as bibliotecas da rede en determinadas áreas de especialización.
  • Tentamos aproveitar calquera oportunidade para cooperar con outras institucións, colectivos e organizacións da cidade. Cada unha das bibliotecas intenta desenvolver un proxecto vinculado ao territorio e á comunidade da súa área de influencia. Compartimos recursos, espazos e proxectos con escolas, asociacións, ONG, iniciativas cidadás etc.

Misión, visión e valores

  • Misión

As Bibliotecas Municipais da Coruña son centros públicos de información e promoción lectora que contribúen á igualdade de oportunidades e prestan os seus servizos aos habitantes da Coruña facendo especial fincapé na poboación infantil. Proporcionan apoio á educación formal non universitaria, recompilan, conservan e difunden o patrimonio bibliográfico local e facilitan o acceso á información nos soportes tradicionais e mediante as tecnoloxías da información e a comunicación. Son lugares de encontro onde se prioriza a atención individualizada e cordial ás persoas usuarias, a innovación en servizos e instalacións e a colaboración con escolas, familias e outras organizacións e colectivos con obxectivos similares.

  • Visión

As Bibliotecas Municipais da Coruña serán servizos básicos e de referencia para a cidadanía de todas as idades, centros dinámicos de coñecemento, espazos accesibles as 24 horas do día, líderes na oferta de servizos bibliotecarios de calidade tanto tradicionais como innovadores, onde se favorecerá o intercambio de información e a participación en actividades comunitarias.

  • Valores
  • Calidade no servizo
  • Creatividade de ideas
  • Igualdade de acceso, universalidade
  • Participación
  • Credibilidade, profesionalización
  • Traballo en equipo

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?