Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Obxectivo Bibliotk

Tipo de actividade:

Cursos e formación

Destinatarios:

Infantil de 8 a 12 anos.

Require inscrición (trimestral)

De outubro a abril. Quincenal

En que consiste Obxectivo Bibliotk?

Este programa persegue dar a coñecer todos os segredos da biblioteca e compartir lecturas cos mozos e mozas do barrio.

As sesións están expostas cun enfoque lúdico e pretenden vincular as bibliotecas tamén coa procura de información e o tempo de lecer.

Utilizaremos recursos web, a fotografía, vídeos... e tamén as redes sociais. Dáte un paseo polo pinterest desta actividade para ver que facemos e decidirte a vir connosco.

Esquema das sesións

Esta actividade estrutúrase en tres bloques, con catro sesións cada un. Serán xuntanzas quincenais de hora e media de duración onde trataremos os seguintes puntos:

Primeiro bloque: Achegámoste á biblioteca, aos seus servizos e fondos.

  • Coñece todo o proceso que seguen os materiais que compramos na biblioteca ata a súa posta a disposición para o público.
  • Participa nas tarefas da biblioteca e protagoniza algunha das súas actividades.

Segundo bloque: Difusión de fondos.

  • Escolle un tema que che interese, mergúllate entre os materiais da biblioteca e internet, e fai unha presentación atractiva para poder ensinarllo a todo o público.

Terceiro bloque: difunde a biblioteca e o programa.

  • Utiliza as redes sociais. Fai unha exposición fotográfica, ou de ilustración,...
  • Achega o teu resultado aos centros escolares e entidades do barrio.

Como participar?

  • Cada bloque require unha inscrición distinta, que se habilitará unha semana antes do inicio das sesións.
  • Se te inscribes, debes comprometerte a asistir, como mínimo, a 3 sesións do trimestre.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.

Onde e cando

Lugar Día hora Frecuencia
Biblioteca Castrillón Mércores 17.00 horas Quincenal

Moi importante

Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levr para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis doado seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto, e non dubides en pedirlle toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.

Viches xa o lipdub que fixemos?

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?