Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Son voluntario/a

Fotografía dun cibervoluntario

Este é Freddy, un dos voluntarios

En que podo colaborar?

Contamos cun programa de voluntariado co que intentamos resultar de utilidade aos veciños e veciñas dos barrios das bibliotecas a través de persoas que, de forma totalmente desinteresada, ofrecen parte do seu tempo para colaborar connosco en diferentes inicativas de carácter formativo ou social.

Na actualidade temos en marcha os seguintes servizos:

  • Préstamo no fogar (ou Telepréstamo): é un programa que a Biblioteca Ágora e a Biblioteca Castrillón levan adiante coa intención de facilitar que persoas con problemas de mobilidade poidan solicitar e recibir nas súas casas libros, discos e películas das bibliotecas. Os prazos de préstamo son os mesmos que para o préstamo xenérico.
  • Cibervoluntariado: é un servizo das Bibliotecas Ágora e Fórum deseñado para apoiar e axudar na resolución de dúbidas aos usuarios e usuarias con pouca experiencia no uso de internet e poucos coñecementos informáticos. Varias persoas voluntarias imparten pequenas "pílulas formativas" sobre cuestións básicas como envío de correos electrónicos, uso de redes sociais etc.
  • Coa lingua de fóra: é un programa da Biblioteca Ágora que ofrece a posibilidade de practicar conversación en diferentes idiomas de forma gratuíta, informal e dinamizada por unha persoa nativa.
  • Lectura fácil (dentro do programa de Alfabetización de adultos): é un programa pensado para persoas que tiveron unha escolaridadedeficiente ou tiveron que deixala a unha idade temperá e agora desexan mellorar as súas competencias en materia de lectura, escritura, coñecementos básicos, comprensión de textos, cultura xeral etc.
  • A hora da lectura: é unha liña de traballo comunitario co Centro de día Novo Boandanza que, baseada na lectura, busca ante todo o benestar das persoas maiores. Ofrécense sesións nas que resultan fundamentais a relación persoal, a calidade de textos e música, a participación das persoas asistentes e o respecto polos seus coñecementos e experiencia previa. Son sesións activas e participativas nas que se combina lectura en voz alta con música; ademais de achegar a biblioteca e o goce das diferentes artes ao centro, contribúe a facer aflorar recordos e emocións e a estreitar o vínculo afectivo cos nosos maiores ao ser unha actividade compartida.

Como me fago voluntario/a?

É moi sinxelo: só tes que cubrir este formulario e elixir en que programa ou programas queres colaborar. En breve contactaremos contigo para concertar unha entrevista na que valoraremos o teu perfil e explicarémosche detidamente o proxecto e aquel programa ou programas en que elixises participar.

Asinaremos un compromiso de colaboración, baixo as estipulacións da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia, para posteriormente darte de alta no seguro específico.

Coñece as persoas voluntarias

Na sección Retratos comprometidos: o voluntariado, podes ler entrevistas a cada unha das persoas voluntarias que pasan ou pasaron polas bibliotecas. Non as perdas!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?