Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Bebescolas

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Infantil  / Centros escolares

Require inscrición

De xaneiro a maio

En qué consiste Bebescolas?

Deseñado para o alumnado do 1º ciclo de Educación Infantil, BbEscolas é un programa no que se intenta crear un vínculo entre as Escolas Infantís e as Bibliotecas Municipais da Coruña.

Obxectivos

  • Reforzar a relación e o intercambio entre as bibliotecas de aula dos centros e o persoal especializado no tramo de infantil das Bibliotecas Municipais.
  • Mediante as actividades realizadas, achegar información sobre a biblioteca, o seu persoal e os seus recursos ás familias e ao profesorado.
  • Achegar dun xeito lúdico e cotiá os libros, as historias e a lectura a todos os nenos e nenas da área de influencia da biblioteca.

Metodoloxía

A través dunha metodoloxía activa e participativa, o programa concibe ao alumnado como axente activo na construción do coñecemento. As BBESCOLAS destacan polo:

  • Carácter lúdico. A aprendizaxe é impulsada a través do xogo.

  • Carácter interactivo. O diálogo establécese como base do proceso de aprendizaxe.

  • Carácter creativo. Elemento fundamental que implica un deseño flexible das sesións.

Cómo participar

Para participar no programa é condición necesaria que a escola infantil forme parte da área de influencia delimitada polas Bibliotecas Municipais. Se tedes algunha dúbida ou precisades máis información, preguntade na vosa biblioteca máis próxima!

Onde?

Biblioteca Municipal Ágora

Biblioteca Municipal Fórum

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?