Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

Fai o carné

Persoas usuarias das bibliotecas con carnés de socio

Se xa ten o seu carné

O carné das bibliotecas é totalmente gratuíto e será necesario para utilizar aqueles servizos que precisen unha identificación, por exemplo o préstamo de libros, revistas, películas... e o uso de ordenadores nas bibliotecas.

Non necesitas achegar unha fotografía e só tes que elixir o tipo de carné que necesitas (individual, menor de idade, entidades etc.) cubrindo un formulario de inscrición nesta web ou presencialmente en calquera das bibliotecas municipais. Se xa dispós da Tarxeta Millennium, simplemente achégate ao mostrador da biblioteca municipal da túa elección e darémoste de alta inmediatamente.

Ademais da opción de carné individual, tamén é posible solicitar un carné de entidade ou se estás de paso na cidade, propocionámosche un carné de visitante.

Carné individual

Como o solicito?

Se tes menos de 18 anos cubre este formulario de alta. Se es maior de 18 anos, cubre e envía estoutro. Se o prefires, pódelo facer presencialmente en calquera das bibliotecas municipais.

Onde e cando o recollo?

Nun prazo de catro días hábiles poderás recoller o carné na biblioteca que seleccionases no momento de cubrir o formulario.

Necesito achegar algunha documentación?

Cando vaias recoller o carné á biblioteca que seleccionases, deberás presentar o documento oficial de identidade que incluíses na túa solicitude. A biblioteca realizará unha fotocopia e achegaraa á túa solicitude.

Recibo o carné no meu domicilio?

Non enviamos os carnés ao domicilio porque necesitamos que a persoa que o solicita, ou alguén que esta autorice previamente, nos asine a solicitude. No momento da sinatura o persoal da biblioteca aproveitará para mostrarche os espazos, explicarche os servizos e responder a calquera pregunta sobre o funcionamento que desexes realizarlles.

E se teño a Tarxeta Millennium?

Simplemente achégate ao mostrador da biblioteca municipal da túa elección e darémoste de alta inmediatamente. Non esquezas levar o teu documento de identidade.

Quero solicitar o carné agora

Carné para entidades

Este é o carné específico para os grupos, colectivos ou asociacións formalmente constituídas: bibliotecas, centros escolares, asociacións de veciños, compañías artísticas, empresas etc. poden solicitar un carné que lles permitirá utilizar o servizo de préstamo para entidades. Este carné deberase renovar anualmente (cada 30 de setembro no caso de centros escolares)

Como solicito un carné para unha entidade?

Se xa dispós dun escrito onde figuren os teus datos e o selo do centro ou asociación á que pertences, pódesnolo achegar e solicitar o carné agora mesmo a través deste formulario electrónico para entidades. Se prefires facelo presencialmente, elixe a biblioteca municipal que desexes e alí tramitarémoscho.

Onde e cando o recollo?

Nun prazo de catro días hábiles poderás recoller o carné na biblioteca que seleccionases no momento de cubrir o formulario.

Necesito achegar algunha documentación?

Si, deberás achegar ou presentar na biblioteca algún tipo de documento que te acredite como persoa autorizada pola entidade para realizar este trámite. Poderás levar un selo da entidade á que representas e estampalo na solicitude que che facilitarán cando vaias recoller o carné.

Carné para persoas que están de paso na cidade

En casos excepcionais (urxencias, visitas puntuais á biblioteca, carácter itinerante da persoa solicitante, turistas...) calquera cidadán pode acceder ao préstamo ou a utilizar un ordenador mediante a adxudicación dun carné de visitante. Só terás que deixarnos un documento oficial que te identifique para facerlle unha fotocopia.

Necesito un duplicado do meu carné

Coida o teu carné. É a chave que che abre a porta das túas bibliotecas.

Como solicito un duplicado do meu carné?

Podes cubrir e enviar o formulario de solicitude de duplicado de carné ou, se o prefires, pasar por unha biblioteca e facelo presencialmente.

Onde e cando o recollo?

Nun prazo de catro días hábiles poderás recoller o carné na biblioteca que seleccionases no momento de cubrir o formulario.

Necesito achegar algunha documentación?

Se se trata dun carné de uso individual, cando vaias recoller o carné, á biblioteca que seleccionases, pediranche o documento oficial de identidade (DNI en caso de españois e calquera outro documento de identidade para persoas estranxeiras). Deberá ser o mesmo que incluíses na túa solicitude. Servirá para identificarte como a persoa que solicitou o carné pero tamén se fotocopiará e achegará á túa solicitude.

Se solicitaches un duplicado dun carné para unha entidade, deberás presentar algún tipo de documento que te acredite como persoa autorizada pola entidade para realizar este trámite. Poderás levar un selo da entidade á que representas e estampalo na solicitude que che facilitarán cando vaias recoller o carné.

Teño que recollelo persoalmente?

Si, xa que deberás asinar a solicitude. Neste momento o persoal da biblioteca aproveitará para mostrarche os espazos, explicarche os servizos e responder a calquera pregunta sobre o funcionamento que desexes realizarlles.

E se non o quero solicitar en liña?

Diríxete a calquera das bibliotecas e proporcionaranche un formulario en papel que deberás cubrir. Tamén che pedirán o documento de identidade (DNI en caso de persoas españolas e calquera outro documento de identidade para persoas estranxeiras) e no caso de representar a unha entidade, algún tipo de documento que te acredite como persoa autorizada pola entidade para realizar este trámite. Poderás levar un selo da entidade á que representas e estampalo na solicitude que che facilitarán cando vaias recoller o carné.

Quero darme de baixa das biblios

Calquera persoa socia que non teña ningún material en préstamo das bibliotecas poderá darse de baixa acolléndose ao dereito de cancelación previsto no artigo 16 da Lei orgánica de protección de datos.

No caso de que nos últimos 5 anos non se fixese uso de ningún servizo que requirise a utilización do carné a biblioteca darao de baixa.

Quero modificar os datos que dei na biblio

Para modificar ou corrixir os teus datos (enderezo, teléfono, correo electrónico etc.) débeste dirixir presencialmente a calquera biblioteca municipal, acreditar a túa identidade e solicitar os cambios a calquera dos bibliotecarios ou bibliotecarias.

Carnés provisionais

Cando haxa algún problema técnico para a emisión do carné de socio, a biblioteca emitirá un provisional realizado manualmente que será substituído axiña que se solucione o problema e se contacte coa persoa socia en cuestión.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Axuda


Si necesitas ayuda envíanos un mail a bibliotecas@coruna.es, llámanos al 981 184 384 o acércate a una biblio

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?