Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Visita o álbum de fotos desta actividade
Bebeteca
Require inscrición
De outubro a maio. Semanal
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos,... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Como participar
Onde e cando
Biblioteca | 0 a 12 meses | 13 a 24 meses | Prazas | Frecuencia |
Biblioteca Ágora | sábados 11.00 h | sábados 18.00 h | 10 | Mensual |
Biblioteca Fórum Metropolitano | sábados 18.00 h | sábados 18.00 h | 6 | Mensual |
Biblioteca Infantil e Xuvenil | martes 11.00 h, e sábados 18.00 h | sábados 18.00 h | 10 | Mensual |
Biblioteca Os Rosales | sábados 11.30 h | sábados 11.30 h | 15 | Mensual |
Moi importante
Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levar para a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.
Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis fácil seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en lle pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
21/04/2018
Dende o 14/04/2018 ata o 21/04/2018
Require inscrición
De 11.00 a 11.30 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
21/04/2018
Dende o 14/04/2018 ata o 21/04/2018
Require inscrición
De 11.30 a 12.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
21/04/2018
Dende o 14/04/2018 ata o 21/04/2018
Require inscrición
De 18.00 a 19.00 horas
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible