Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concerto: Radio Bulebule de Paco Nogueiras

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 3 a 8 anos

Cando:

04/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/09/2018 ata o 04/10/2018

Require inscrición

Horario:

de 18 a 19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Paco Nogueiras vén presentar na Biblioteca Sagrada Familia, "Radio Bulebule", o seu novo traballo despois de "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-CD-DVD deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.

O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco. Os temas dispóñense a modo de grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural,  magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico. Un espectáculo musical e visual para toda a familia.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión