Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro “Las páginas perdidas" de Ugo Nasi

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

14/05/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Presentación a cargo da tradutora, María Acosta

LÁS PÁGINAS PERDIDAS (o libro):

A Viola Borroni, unha moza fiscal da Fiscalía de Roma, encargáronlle a investigación sobre a estraña morte dun home que foi atopado coa punta dunha frecha medieval no corazón. Mentres tanto o pai de Viola desaparece. Os dous feitos están conectados?

A comezos do século XX o prior do convento de Mondragone -o padre Giuseppe Strickland -véndelle a un comerciante polaco un manuscrito do século XI que contén inscricións descoñecidas e enigmáticas representacións de figuras femininas, de plantas e de constelacións. Antes de entregalo quita, sen que o comprador o saiba, as primeiras catorce páxinas e escóndeas na súa oficina. Cal é o contido daqueles folios e por que ocultalos?

Esas páxinas perdidas convértense na obsesión de Adolfo Hitler que, durante a Segunda Guerra Mundial, organiza unha comisión de investigación e de estudo para atopalas.

Unha historia chea de suspense, un ir e vir a través do tempo, onde se entrecruzan as vicisitudes da protagonista e aquelas dun antigo e enigmático bispo.

UGO NASI (O autor):

Ugo Nasi é un avogado de Milán e un apaixonado das novelas de misterio. Actualmente vive nun pobo medieval da Toscana.

No ano 2016 escribiu "Le pagine perdute" (As páxinas perdidas), a primeira novela histórica da triloxía homónima, que ten como motivo central o enigmático Manuscrito Voynich.

En 2017 escribiu "Il deputato" (O deputado), un thriller con transfondo legal que se desenvolve nun bufete de Roma dirixido por un parlamentario da Cámara dos Deputados.

No ano 2018 publicou Arcana Rubris, a segunda novela da triloxía de "Le pagine perdute", unha novela onde se mesturan o xénero histórico co thriller.

MARÍA ACOSTA (A tradutora):

María Acosta é da Coruña. Socióloga, curiosa impenitente, cursou distintos cursos de informática e no ano 2010 decidiu estudar italiano na Escola de Idiomas da súa cidade.

No ano 2011 publica o seu primeiro libro con Urco, "O enigma dos nove sepulcros", un libro de fantasía onde se mesturan trasgos, ogros e seres mitolóxicos.

No ano 2015 traduce "Lo spadone", un pequeno tratado de esgrima do século XVII, do italiano ao castelán, de Francesco Alfieri.

No ano 2016 traduce o libro "Relatos poéticos" de Luis Osorio, do castelán ao galego, e outro pequeno tratado de esgrima, esta vez do século XVI, chamado "La spada a due man" de Achille Marozzo. Ambos os tratados de esgrima a petición da Academia de Espada Ton Puey.

No ano 2017 traduce "Le pagine perdute" de Ugo Nasi e en xaneiro do 2018 "Los secretos de la mente y el cuerpo" de Oreste María Petrillo.

En marzo de 2018 publica en auto edición "Patacas e máis patacas". "O misterio da Casa Grande", un libro de misterio ambientado na súa cidade natal e pobos dos arredores de Santiago de Compostela.

Actualmente está inmersa na tradución do italiano ao castelán dunha triloxía de ciencia ficción.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión