Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Bibliotecas Municipais

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Biblioteca Verde comprometida: ruta en bicicleta

Tipo de actividade:

Outras actividades

Tipo de público:

Infantil, Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

+ 8 anos

Cando:

22/04/2017

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/04/2017 ata o 21/04/2017

Require inscrición

Horario:

De 10.00 a 13.00

Contacto:

Tel.: 981 184 384

bibliotecas@coruna.es

Se tes bicibleta únete á Biblioteca Verde nesta ruta. Se non a tes, prestámosche unha!

Abril é un mes especial para a Biblioteca Verde porque é un mes no que teñen lugar dúas celebracións importantes:

  • o Día do libro, o 23 de abril,
  • o Día da Bicicleta, cada 19 de abril, co que se persegue promover o uso deste medio de transporte, chamar a atención sobre os dereitos das persoas ciclistas e destacar os seus beneficios para a saúde e para a mobilidade sustentable.

Para conmemorar isto, a Biblioteca Verde, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, organiza unha ruta pola cidade combinando un percorrido urbano e outro acompañado da natureza.

Esta é unha actividade dirixida para público adulto e poderán asistir nenos e nenas maiores de 8 anos sempre que veñan acompañados por unha persoa adulta. A inscrición é individual, co cal todas as persoas (maiores e menores) deben formalizar a súa propia inscrición. Se es unha persoa adulta e non dispós dunha bicicleta, a biblioteca, a través de BiciCoruña, préstache unha.

Ao longo do percorrido as persoas asistentes estarán acompañadas por persoal bibliotecario e polas persoas expertas, que se encargarán de guiar e realizar as explicacións da actividade.

A dificultade da ruta é baixa e a súa duración estimada é de 3 horas. O punto de partida e chegada da ruta é o Cantón Pequeno, fronte ao Quiosco Alfonso.

Queres saber ...

  • Biblioteca verde: encontros participativos

    En que consisten os encontros Biblioteca Verde?

    Biblioteca verde, un espazo para informarte, reflexionar e compartir. Encontros mensuais que perseguen crear un foro de debate sobre asuntos de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade. A última semana de cada mes, de outubro a maio, poderás asistir a estas charlas para coñecer experiencias sostibles que teñen lugar na nosa cidade. Ademais, contamos cun centro de interese que reúne distintos materiais sobre esta temática.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
     ¦ 
    • Servizo Municipal de Bibliotecas
    • Durán Loriga 10, A Coruña
    • Chámanos / Luns a Venres: 9-21 h.
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?