Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Letras Galegas 2018

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/05/2018 ata o 20/05/2018

Xa rematou

Contacto:

Fai uso do préstamo ilimitado de materiais en galego, e participa e gaña un lote de libros pola cara!

Na semana do 14 ao 19 de maio o préstamo de materiais en galego é ilimitado. Ademais disto, só por facerte un selfie coa túa lectura favorita en galego poderás gañar un lote de libros pola túa cara.

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado á figura de María Victoria Moreno, unha autora que se suma á listaxe de homenaxeados (poucas homenaxeadas).

Esta é a ocasión perfecta para que nos digas que libro ou autor ou autora da lingua galega merecen unha homenaxe e imos facelo cun concurso que conta cun premio de 1 lote de libros en galego.

Como participar?

  • Sigue o instagram das bibliotecas
  • Faite un selfie co libro, autor ou autora elixidos e publícao no teu instagram
  • Inclúe na descrición da imaxe o título do libro, a autora ou o autor, e a razón pola que cres que se merece unha homenaxe
  • Emprega os cancelos #recomendamosBMC #selfieLetrasGAL
  • Etiqueta as bibliotecas (usuario @bibcoruna) 

Datas de admisión e concurso:

  • Os selfies poderán ser publicados entre o luns 14 de maio ata o domingo 20 ás 23.30 h
  • Elixiremos a persoa gañadora atendendo a aquela fotografía que alcance máis "gústames".
  • Para participar hai que dispoñer dunha conta pública e aberta de Instagram durante o tempo de duración do concurso.
  • A resolución publicarase no instagram das bibliotecas o xoves 24.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión