Concello da Coruña

Concello da Coruña

Epígrafe rupestre co nome do enxeñeiro, Gaius Sevius Lupus.

Torre de Hércules

O gran faro no Atlántico

Aínda que non quedan testemuños sobre os camiños terrestres romanos, o faro romano de Brigantium representa a obra clave da ruta marítima de longo alcance entre o Mediterráneo e o Atlántico.

Inicialmente, o faro localizouse de maneira illada con respecto ao asentamento romano, a pesar de que contaría con varias dependencias. Un epígrafe rupestre situado ao pé da torre recolle a súa dedicación a Marte Augusto, feita polo máis que probable responsable da construción: o arquitecto lusitano Gaius Sevius Lupus, natural de Aeminium (Coimbra). Todo parece indicar que a súa construción é da época Flavia (69-96 d.C.), coherente co auxe urbanístico e construtivo de Brigantium .

A torre tería tres plantas, do mesmo xeito que o faro de Alexandría en Exipto ou o de Ostia Antica en Roma, con teitos de bóvedas de canón aínda conservadas no interior, e estaría arrodeada por unha costa pechada cun muro de protección, da que non se conservan restos. Presentaba unha planta cadrada construída con tres tipos de aparello e cunha altura de 34 m.

A primeira mención coñecida é de inicios do século V d.C., por parte de Paulo Orosio, quen definiu a torre como o altísimo Faro de Brigantia, que sempre apuntaba cara ás Illas Británicas. Sabemos que permaneceu en uso durante varias centurias, aínda que sería abandonado durante a Alta Idade Media, e reconstruído, probablemente, arredor dos séculos IX-X, a modo de fortaleza defensiva.

A configuración actualmente visible do faro non se corresponde, en detalle, coa feita orixinalmente en época romana, da que quedan algunhas evidencias construtivas no seu interior, pero cuxa fachada cambiou por completo. O vello faro romano funcionou como base para a súa reestruturación na época moderna. Iniciada en 1791 baixo a dirección do arquitecto estremeño Eustaqui Giannini, esta remodelación implicou a construción dunha nova escaleira de pedra, o peche de numerosos vans e a reestruturación completa da fachada, que acadou un total de 55 m de altura.

  • Torre de Hércules

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión