Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Sala de Exposicións Plataforma 14

Enderezo:

Rúa Río Monelos (Edif. Fórum Metropolitano) 1. 15006 A Coruña

Teléfono:

981 184 294

Fax:

981 184 295

Páxina web:

http://www.coruna.es/nex

Horario:

Luns a venres de 09:00 h. a 20:45 h. Sábado de 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:45 h.

Titularidade: Área Municipal de Servizos Sociais, Cultura, Deportes e Educación

Condicións de uso

  • Cesión gratuíta.
  • Período máximo de cesión: 20 días hábiles

Destinatarios

  • Mozos creadores de entre 15 e 35 anos, nados, residentes, traballadores ou estudantes no Concello da Coruña. Os menores de idade estarán representados polo pai, a nai ou o titor legal.
  • Colectivos de artistas, nos que polo menos do 75% das persoas que o integren estean vinculados a este municipio.
  • Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.
  • Entidades sen ánimo de lucro, que promovan exposicións vinculadas coa creación ou a cultura xuvenil.

Obras a expoñer

  • Artes visuais: debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, performance, pintura, videoarte, etc.

Servizos

  • Iluminación.
  • Sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e arte multimedia.
  • Rede Wifi.

Solicitude da sala para exposicións

Documentación

  • Impreso de solicitude específico (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es/nex)
  • Currículo vitae e artístico (breve) das persoas que queren expoñer as súas obras.
  • Dossier coa relación de obras que integran a exposición (papel, arquivo informático, CD, DVD, etc.) e ficha técnica de cada obra (título, medidas, material utilizado, data de realización, etc) e imaxes dela en formato alta calidade (1 MB) en formato JPG.
  • Memoria descritiva da exposición onde o artista pode expor cuestións que considere necesarias (necesidades expositivas, organización espacial da exposición, etc.)

Unha vez proposta a solicitude para ser autorizada e como requisito previo para a concesión da autorización, o Concello poñerase en contacto coa persoa que presenta a solicitude para achegar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI de todas as persoas que partipan na exposición.
  • Documentación que demostre a súa vinculación coa cidade das persoas que participen na exposición (xustificante de padrón, matrícula de estudos, certificado de empresa, etc.)
  • Impreso de autorización asinado polo pai, a nai ou o titor legal, en caso de menores de idade.

Lugar de tramitación: Rexistro Xeral Municipal

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión