Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Separación en orixe

Plan de residuos

A filosofía da recollida selectiva de residuos na Coruña é a da recuperación e a reciclaxe, é dicir, a posibilidade de incorporar ao ciclo de consumo determinados materiais contidos nos residuos urbanos.

A decisión final do modelo de recollida selectiva depende de cada municipio, no caso da Coruña optouse por un modelo complementario ao impulsado pola Administración autonómica. Esta decisión non só ten influencia no resultado da fase de recollida, senón que condiciona o resto de operacións que integran un programa de reciclaxe.

Os residuos seleccionados para separar en orixe son os seguintes:

  • Orgánico.
  • Inorgánico.
  • Papel-cartón.
  • Vidro.
  • Outros.

Volver a menú

Orgánico-inorgánico-papel-vidro-pilas

Orgánico e inorgánico

Un Plan de Residuos como o do Concello da Coruña baséase na colaboración cidadá. O primeiro e máis importante paso realízase en cada un dos fogares. Desta forma cada un de nós convértese nun xestor a partir do cal se desenvolve todo o plan.

A primeira selección realízase no ecocubo. Durante a primeira fase do plan, o Concello repartiu máis de 90.000 ecocubos, un por cada núcleo familiar co obxectivo de facilitar a separación.

O ecocubo dispón de dous compartimentos separados, cada un deles destínase a un tipo de residuos. Por que esta separación? Case a metade dos nosos lixos domésticos, o 44 % en peso, é materia orgánica. De aí a importancia de dispoñer dunha bolsa específica para ela.

Isto é materia orgánica: restos de alimentos como pan, froita, verduras, espiñas de peixe, ósos, cascas de ovo, etc. Tamén cueiros usados ou alimentos caducados, pero sen os envases.

O resto do lixo deberá depositarse no segundo compartimento do ecocubo, o da materia inorgánica. Por exemplo: latas, tetra bricks, envases de plástico, etc.

Lembra que para o papel e para o vidro existen colectores diferentes e tamén se deben separar.

Aínda que o ecocubo é unha ferramenta moi útil e axúdanos neste labor, non é imprescindible e calquera bolsa, mellor se é reciclable, serve para o mesmo propósito.

Estas bolsas deposítanse posteriormente nos colectores das rúas. Os dous colectores aparecen xuntos. O verde, máis pequeno, é para a materia orgánica. Aínda que a súa proporción en peso é maior, o seu volume é menor. Está identificado coa lenda "Deposita aquí só os teus restos de alimentos". É importante que a selección sexa adecuada, xa que diso dependerá a calidade do compost final.

O colector grande, semellante ao habitual, é para os residuos inorgánicos. Distinguiralo pola tapa de cor amarela.

Papel-cartón-vidro

Unha parte importante dos residuos do noso fogar corresponde a papel e cartón, case un 21% en peso, mentres que o vidro representa un 7%. Ambos os materiais teñen unha elevada capacidade de reciclaxe, que no caso do vidro acada o 100%.

O material que se deposita nos colectores debe ir limpo de corpos estraños, como tapóns, chapas, etc no caso do vidro ou espirais metálicos ou plásticos no caso do papel.

En toda a cidade dispóñense as denominadas Illas Verdes e cada unha delas conta cun colector de papel-cartón e outro de vidro en diferentes tipoloxías, sendo cada vez máis habituais as que están instaladas por debaixo do terreo (semisoterrados e soterrados). Estes conseguen:

  • Menor impacto visual
  • Ausencia de olores
  • Compactación do papel-cartón polo seu propio peso

Pilas

A enerxía portátil: os primeiros deseños de pilas, de hai máis de 200 anos, fóronse transformando ata converterse nas actuais pilas, de alta potencia e máxima duración, capaces de proporcionar enerxía portátil en calquera situación e lugar.

A súa gran virtude é a autonomía enerxética que son capaces de proporcionarnos, para utilizar dende lanternas ou radios ata marcapasos para corazóns. Unha enerxía portátil para todas as ocasións.

Unha enerxía que nos custa cara: a autonomía que as pilas nos ofrecen para utilizar unha gran diversidade de aparellos onde queiramos non é gratuíta. A súa gran versatilidade ten algunhas contrapartidas que debemos coñecer cando as empregamos.

Custo económico: a electricidade que xera unha pila é ata 450 veces máis cara que a que se produce na rede eléctrica.

Custo ambiental: os compoñentes químicos das pilas poden resultar moi contaminantes se non se lles dá o tratamento adecuado unha vez esgotadas.

Unha familia complicada: no mercado dispoñemos dunha gran variedade de pilas que ás veces nos fai difícil escoller as máis adecuadas segundo o uso que lles queiramos dar: pilas botón, pilas salinas, pilas alcalinas, pilas verdes,pilas recargables...

O Concello dispón de máis de 1000 puntos de recollida de pilas distribuídos en establecementos públicos e privados da nosa cidade, que permite recoller preto de 20.000 Kg cada ano, que xunto cos que se recollen por outros sistemas de xestión, como RECICLEA e SIG ECOPIL totalizan máis de 28.000 Kg/ano na nosa cidade, o que nos pon á cabeza das urbes mundiais en % de recuperación, con preto do 45% en relación co total consumido.

Nunca tires as pilas ao lixo. Deposítaas nos colectores de recollida selectiva que hai para elas.

Para aclarar calquera dúbida sobre:

  • Recollida selectiva de pilas.
  • Solicitar colectores para ser establecemento colaborador.
  • Retirada ou substitución do colector.
  • Baleirado dos colectores cheos, etc.

Ponte en contacto co teléfono de atención cidadá: 010.

Catálogo de colectores (131 KB)

Outros contidos relacionados

Volver a menú

Residuos especiais

Campaña residuos especiais

Ademais das recollidas habituais dos diferentes tipos de residuos que seleccionamos nos domicilios, o Concello realiza a retirada doutros residuos e recollidas especiais, con carácter gratuíto.

Polígono industrial

Nos polígonos industriais ademais da recollida de orgánica e inorgánica común ao resto da cidade, leva a cabo un servizo de recolleita porta a porta de cartón e plástico de embalaxes en días alternos, polas mañás.

Mercados e abastos

A recollida destes centros realízase polas tardes durante todos os días, de luns a sábado, cun camión compactador que separa os residuos orgánicos e inorgánicos. Na actualidade efectúase tamén unha recollida de subprodutos de orixe animal (sandach), principalmente restos de carne e peixe en colectores independentes con camións específicos, que son lavados e desinfectados todos os días. O destino final destes residuos é a transformación en fariñas de peixe e carne.

Hostalería e comercio

A recollida de papel e cartón realízase martes, xoves e sábados pola mañá, a partir das 10:00 horas. Son multitude os establecementos adheridos a esta iniciativa que só pon como condición que os cartóns procedentes de embalaxes sexan ben colocados para a súa recollida.

O vidro pásase a retiralo os luns, mércores, venres e domingos, a partir das 9:30 da mañá. Para este fin entregáronse colectores de 5 litros aos establecementos colaboradores, principalmente da zona con maior actividade hostaleira.

No Nadal e verán realízase un reforzo da recollida de tarde na zona centro para a hostalería.

Mobles e utensilios (voluminosos e RAES)

Os voluminosos son un problema moi importante para case todas as cidades. A diferenza doutros municipios, na Coruña faise unha recollida diaria destes materiais mediante camións compactadores.

Os RAES (Residuos de Aparellos Electrónicos) teñen unha recollida diferenciada en camións de caixa aberta para facilitar a súa posterior reciclaxe.

O sistema empregado é o de aviso ao teléfono de atención cidadá 010. Se a chamada se realiza antes das 13:00 h a retirada faise o mesmo día, se non ao día seguinte para poder organizar a ruta.

Outras recollidas

Aínda quedan outros residuos urbanos e materiais asimilables que deben incorporarse ao plan de recollida para que non sexan abandonados sen control. Algunhas destas recollidas son:

  • Animais mortos: funciona por aviso ao 010. O ano 2002 entra en funcionamento o forno crematorio de animais.
  • Vehículos abandonados: en colaboración co Departamento de Transportes, entréganse a un xestor autorizado.
  • Dexeccións caninas: realízase a súa recollida na vía pública por vehículos especiais dotados de aspirador.
  • Residuos procedentes da limpeza das praias: recollida que se realiza con maquinaria específica.
  • Residuos procedentes de podas, maleza e zonas verdes: actualmente xa existe un colector en Cidade Xardín para estes restos.
  • Verteduras incontroladas ocasionais.

Información porta papel cartón comercial

Información ruta vidro porta a porta

Volver a menú

Convenios

Para a mellora continua na xestión dos residuos, a Área de Medio Ambiente iniciou a sinatura dunha serie de convenios cos principais produtores da cidade, principalmente do sector comercial e hoteleiro, para mellorar e dar facilidades na xestión dos seus residuos...

Ata o momento, asináronse convenios coas grandes cadeas de supermercados, hoteis, e polígonos industriais.

Volver a menú

Avisos e eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

Axenda

Contaminación difusa

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?