Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

19 de xullo de 2007

O Concello pon en marcha un programa medioambiental de reciclado de CD e DVD

O Concello poñerá en marcha un innovador programa de recollida selectiva de soportes de almacenamento óptico (CD, CD-R e DVD). A concelleira de Medio Ambiente, Nieves Vázquez, presentou esta iniciativa, que se suma ás medidas emprendidas polo Concello para fomentar a reciclaxe na cidade.

O programa iníciase coa implantación de sete puntos de recollida: rexistro do Palacio de María Pita, sede da Concellería de Medio Ambiente na rúa Real, sede da Concellería de Urbanismo, departamento de Informática do Concello, Fórum Metropolitano, Casa Paredes e Centro Cívico de Monte Alto. Nestes lugares de recollida instalarase tamén unha máquina de destrución de datos co fin de que, unha vez depositados no colector de reciclaxe, ninguén poida acceder á información dos soportes. Deste xeito, garántese o cumprimento da lexislación vixente en materia de tratamento e protección de datos antes de que o material pase á fase final de reciclaxe.

O Concello conta coa colaboración da empresa Sarbide para realizar esta iniciativa, que potencia a reciclaxe e reutilización do policarbonato, matriz plástica principal constituínte destes produtos, permitindo así cerrar o seu ciclo de vida. Os compoñentes dos soportes ópticos son unha boa materia prima para outros usos industriais, xa que con eles pódense fabricar carcasas de ordenadores e teléfonos, tulipas de farois, faros de vehículos, manillas, salpicaderos de coches, entre outros.

A implantación deste sistema de xestión pretende implicar a cidadanía no desenvolvemento de actitudes medioambientais positivas. Neste caso non se trata dun residuo tóxico nin perigoso senón que é considerado como residuo inerte. Non obstante, os efectos negativos no medio ambiente son causados polo desaproveitamento dunha materia prima potencialmente reciclable. Con esta iniciativa, o Concello continúa coa súa política de protección do medio ambiente iniciada no ano 1999 e ratificada polo goberno local coa adhesión á Carta de Aalborg, unha declaración das cidades europeas a favor da sostenibilidade.

Documentos:

Rolda de prensa da concelleira de Medio Ambiente (8 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión