Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Sostible

Área de Economía e Planificación Urbana

Cando:

16 de xullo de 2007

A concelleira de Xuventude anuncia que o Concello promoverá o voluntariado do monte galego

A concelleira de Xuventude, Solidariedade e Normalización Lingüística da Coruña, Ermitas Valencia Romar, anunciou nunha rolda de prensa co director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e a delegada provincial de Vicepresidencia, Tareixa Novo, que o Concello vai promover a participación no voluntariado do monte galego.

Ermitas Valencia explicou que o Concello facilitará a información e a inscrición no voluntariado a través do Centro de Información Xuvenil situado no Fórum Metropolitano. Os interesados poderán dirixirse alí para recadar os datos necesarios ou formalizar a súa inscrición no servizo. Ademais, teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 900 400 800.

Valencia argumentou que dende a concellería "estamos moi interesados en promover o voluntariado do monte galego, coa finalidade de achegar á xente do contorno urbano a problemática do rural. Trátase de realizar un traballo de sensibilización e respecto, derivado da necesidade de protexer o medio natural".

Ademais de potenciar dende o Concello a participación no voluntariado, Ermitas Valencia anunciou que en agosto organizaranse grupos de voluntarios para vixiar o contorno periurbano da Coruña. Estes grupos, de entre 20 e 25 persoas, estarán coordinados por Adega (Asociación de Defensa Ecolóxica Galega), que facilitará a información e a formación necesaria aos voluntarios para realizar o seu labor. A edil de Xuventude engadiu que o obxectivo é aumentar as actuacións do servizo na Coruña. Agora incluso, o voluntariado do monte galego conta con 560 inscritos na cidade, 2.000 na provincia e máis de 6.500 en total. 

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, agradeceu a colaboración do Concello xa que, segundo asegurou, "a pesar de que a xestión estea centralizada, é moi importante contar coa participación activa das institucións locais, con centros de información específicos nelas". Así mesmo indicou que "este é un voluntariado de calidade, no que as persoas que participan non corren riscos, nin realizan un traballo substitutivo dos servizos profesionais de vixilancia e extinción". Cela tamén apuntou que se trata de ofrecer un servizo de voluntariado próximo ás casas, no que os voluntarios poidan participar en grupos de vixilancia dentro da súa comarca.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión