Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2024

O Concello avanza na dixitalización turística da cidade con dúas novas guías con contidos medioambientais

Unha estará orientada ao público xeral e outra adaptada ao público infantil

O Concello da Coruña pon en marcha dúas novas guías turísticas con contido interactivo e dixital orientadas á divulgación e a promoción dos recursos naturais e ambientais do litoral municipal da Coruña. O Goberno de Inés Rey avanza así na transformación dixital dos recursos turísticos inciada o pasado mandato, no marco do plan 'A Coruña, Sostible e Dixital'.

A primeira das guías estará dedicada a un público xeral mentres que a segunda estará orientada a un público infantil, con contidos adaptados e deseñados para os máis pequenos e pequenas. Para ambas adaptarase o material gráfico existente, actualizando información  e dotando de contidos adicionais de carácter multimedia. Incluiranse tamén ligazóns a diferentes páxinas web, publicacións e outros recursos educativos dispoñibles no ámbito da educación ambiental.

Cada unha das guías disporá de catro versións diferentes en función da estación do ano, adaptando parcialmente os seus contidos ás características propias desa época. Estarán dispoñibles en castelán, galego, portugués e inglés para ambas guías, ademais da versión audiodescriptiva en castelán e galego. Ademais, de acordo co proxecto e para aumentar a interactividade, colocaranse novos códigos QR en emprazamentos singulares do litoral coruñes, que permitan o acceso directo ás guías e complementar a visita.

O proxecto conta cun orzamento de 14.641 euros subvencionados ao 90% con fondos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Enmárcase na liña de axudas de Turismo de Galicia para a transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral, solicitada polo Concello da Coruña para a posta en marcha do proxecto.

Oito bloques de contidos

Os diferentes contidos que deberán incorporarse á guía dixital ambiental do litoral coruñés estrutúranse en oito bloques independentes. Estes son:

Análise xeomorfolóxico e climatolóxico do litoral coruñés

  • Incluirase a explicación dos procesos naturais que definiron a súa orografía, hidrografía e vexetación autóctona. 

Historia da costa coruñesa

  • Orixe e evolución da cidade. Lendas e contos populares locais vencellados ó litoral ártabro. Episodios históricos acontecidos nas nosas costas. Crecemento do porto da Coruña. A cidade como porto de partida da emigración transoceánica. 

O litoral como fonte de riqueza

  • Recursos naturais do noso litoral. Artes pesqueiras tradicionais. A lonxa, onte e hoxe. Gastronomía típica. Importancia do comercio marítimo na cidade.

Espazo Natural de Interese Local da Torre de Hércules

  • Descrición, historia e valores ambientais. Medidas de protección existentes. Plano interactivo con puntos de interese. 

Espazo Natural de Interese Local das illas e o litoral de San Pedro

  • Descrición, historia e valores ambientais. Medidas de protección existentes. Plano interactivo con puntos de interese.

Especies vexetais e animais

  • Glosario coas especies que se relacionan co espazo intermareal ou habitan baixo as augas na costa coruñesa. Incluiranse os aproveitamentos marisqueiros na ría do Burgo.

Descrición das diferentes praias e calas existentes no termo municipal

  • Atendendo ás súas características, servizos existentes e accesibilidade. Evolución da liña de costa cos sucesivos recheos e desenvolvemento portuario.

Riscos medioambientais e precaucións a considerar

  • Flora e fauna invasora existente no litoral. Recensión de catástrofes ambientais ocorridas na cidade, causas e estado actual: accidente do petroleiro Urquiola, accidente do petroleiro Mar Exeo, caída da vertedoiro de Bens. Procesos de rexeneración do litoral.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión