Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2024

O plan de limpeza intensiva ‘Barrio a barrio’ continua na Agra do Orzán e chegará esta semana ao Ventorrillo

O plan comezou nos Rosales no mes de febreiro e continuou por Labañou e Peruleiro, intensificando as tarefas de limpeza e uso das hidrolimpadoras, baldeo a presión e varrido

O Concello continua co plan de limpeza intensiva 'Barrio a barrio', unha medida iniciada no mes de febreiro polo Goberno de Inés Rey como complemento ao servizo habitual de limpeza viaria. O plan busca intensificar a prestación das tarefas de limpeza nas rúas e espazos públicos da cidade co obxectivo de mellorar a calidade dos barrios, cun formato rotativo de carácter mensual. Deste xeito, o Concello incide na limpeza a fondo das rúas e espazos públicos do barrio.

Logo da súa posta en marcha nos Rosales, o programa 'Barrio a Barrio' pasou por Labañou e Peruleiro chegando á Agra do Orzán, onde se estivo a traballar nos últimos días. Tamén se realizou unha primeira intervención no casco urbano de San Pedro de Visma.

Esta semana, o plan de limpeza profunda chegará ao barrio do Ventorrillo, intensificando as tarefas de limpeza e uso das hidrolimpadoras, baldeo de alta presión e ampliando o servizo de varrido mecánico. Os traballos iniciaranse na zona este do barrio, ente as rúas Monasterio de Caaveiro e Rolda de Outeiro, con decapado de beirarrúas en amba-las dúas rúas e actuando na Agra da Bragua, Rodrigo Alfredo de Santiago, Panamá, Teixeira de Pascoaes, Alfredo Tella e Monasterio de Toxos Soutos. Nas seguintes semanas actuarase no resto de rúas e zonas do barrio, concluíndo na parte oeste co decapado na zona do Ágora e alcalde Jaime Hervada e actuacións en alcalde Peñamaría de Llano e Avenida Finisterre.

Xa a continuación, o 'Barrio a barrio' avanzará, de forma paulatina, cara os barrios da Sagrada Familia, enclaves nos que tamén se executarán medidas de limpeza intensiva dos espazos públicos con plans de traballo mensuais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión