Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Aberto o prazo para adherirse ao convenio da Xunta para limpeza de terreos

Ata o 31 de xullo as persoas interesadas poderán adherirse a este convenio subscrito pola Xunta para a xestión da biomasa e a prevención de incendios.

Cando:

Dende o 17/07/2019 ata o 31/07/2019

Este evento xa rematou

Documentos:

modelo-adhesion-contrato-Seaga.pdf (74 KB)

Este convenio, ao que está adscrito o Concello da Coruña, servirá para que as persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamentos sobre parcelas situadas na faixa secundaria de xestión de biomasa das parroquias de San Pedro de Visma, O Portiño, Bens, Nostián, así como da aba costeira do Monte de San Pedro (incluída como parroquia priorizada de alto risco de incendios pola Xunta de Galicia), poidan adherirse ao contrato de xestión de biomasa que ofrecen a Xunta e Seaga.

Este contrato implicará que a xestión da biomasa, así como a retirada, se é o caso, das especies arbóreas prohibidas (piñeiros, eucaliptos e acacias, fundamentalmente) realizaraa SEAGA unha vez ao ano. As persoas interesadas pagarán unha cantidade anual de 350 € por Ha. afectada (uns 18,00 € por ferrado, aproximadamente), en proporción á superficie afectada. O contrato ten unha duración de 4 anos, ata 2022.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión