Concello da Coruña

Concello da Coruña

Iníciase o procedemento de revogación da autorización de uso de hortos e mesas de cultivo urbanos

Constatada a falta de uso das parcelas durante máis dun mes os seus adxudicatarios poderían perder o dereito de uso dos hortos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/05/2024 ata o 31/05/2024

Xa rematou

Documentos:

Documento inicio procedemento revogación uso hortos urbanos (217 KB)

A través de varias visitas de inspección realizadas ao longo do mes de abril aos hortos de Agra do Orzán, Eirís, Novo Mesoiro e Adolfo Suárez, o Servizo de Medio Ambiente constatou que hai numerosas parcelas e mesas de cultivo que levan sen ser traballadas durante un período superior a un mes, e sen que conste na Concellería de Medio Ambiente que os seus adxudicatarios presentasen algunha xustificación para tal incumprimento.

As bases da convocatoria actual do uso de hortos urbanos (publicada no BOP núm. 28 do 10 de febreiro de 2022) establece que dita autorización "poderá ser revogada unilateralmente polo Concello en calquera momento, e sen máis trámite, por razóns de interese público, sen dereito a indemnización (...)" se se detectan unha serie de incumprimentos, entre eles "no caso de que se produza falta de uso durante un período superior a un mes sen xustificación, exceptuando os meses de decembro a febreiro".

Por tal motivo, o Concello iniciou o procedemento de revogación das autorizacións de cultivo das parcelas que se indican no documento adxunto.

Os seus adxudicatarios recibirán unha notificación comunicándolles o inicio do procedemento e dándolles un prazo de dez días hábiles para presentar as alegacións que consideren oportunas. O cómputo do prazo iniciarase ao día seguinte da recepción da notificación.

Nos casos nos que non se presente ningunha alegación, resolverase o expediente coa adxudicación da parcela á persoa que corresponda, segundo a listaxe de reserva existente nesta convocatoria (orde establecida segundo ao momento 17 das bases que a regulan).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión