Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Plan de acción en materia de ruído

Plan de acción de ruído

Durante o ano 2012 aprobouse o Mapa de Ruído da Coruña, actualizado durante o ano 2011, para dar cumprimento ao trámite obrigatorio que establece o Real decreto 1513/2005 do 16 de decembro polo que se desenvolve a Lei 37/2003 do 17 de novembro, do ruído, no referente a avaliación e xestión do ruído ambiental.

Inmediatamente despois deste proceso, iniciouse o traballo para a elaboración deste Plan de Acción en Materia de Ruído que recolle as medidas fundamentais para corrixir os problemas detectados no diagnóstico do mapa de ruído.

O Plan de Acción en Materia de Ruído integra as principais medidas de mellora da mobilidade a proposta dos axentes internos responsables das áreas con competencias na materia (Rexeneración Urbana e Espazo Público e Mobilidade), de acordo co actual estado de execución e coa previsión dos novos proxectos que se están desenvolvendo nesta materia, permanecendo aberto á súa posterior modificación e adaptación tendo en conta a nova realidade da cidade que resulta da actualización do mapa de ruído realizada durante o 2016 ou futuros cambios no Plan de Mobilidade Sustentable.

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña, na sesión realizada o 25 de agosto de 2017 acordou aprobar definitivamente o Plan de Acción en materia de Ruído, coa finalidade de establecer medidas preventivas e correctoras fronte á contaminación acústica, de conformidade co disposto no artigo 11 da Ordenanza de protección contra a contaminación acústica (BOP n.º 151, do 11 de agosto de 2014).

Estes son os documentos que compoñen o Plan de Acción en materia de ruído aprobado definitivamente, unha vez incorporadas as alegacións veciñais:

Memoria Plan de Acción Ruído Galego.pdf
Memoria Plan de Acción Ruído Castelán.pdf
1_RUÍDOS_D1.pdf
1_RUÍDOS_D2.pdf
1_RUÍDOS_D3.pdf
1_RUÍDOS_D4.pdf
1_RUÍDOS_D5.pdf
1_RUÍDOS_D6.pdf
1_RUÍDOS_D7.pdf
1_RUÍDOS_D8.pdf
1_RUÍDOS_D9.pdf
1_RUÍDOS_D10.pdf
2_DIAGNOSTICO_D1.pdf
2_DIAGNOSTICO_D2.pdf
2_DIAGNOSTICO_D3.pdf
2_DIAGNOSTICO_D4.pdf
2_DIAGNOSTICO_D5.pdf
2_DIAGNOSTICO_D6.pdf
2_DIAGNOSTICO_D7.pdf
2_DIAGNOSTICO_D8.pdf
2_DIAGNOSTICO_D9.pdf
2_DIAGNOSTICO_D10.pdf
APROBACIÓN INICIAL XGL
RELACIÓN DE ALEGACIÓNS
RESUMO PROCESO PARTICIPATIVO
APROBACIÓN DEFINITIVA XGL
RESUMO PLAN DE ACCIÓN

Calidade do aire e ruído

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión