Concello da Coruña

Concello da Coruña

Introdución

Cando en cada un dos nosos fogares apagamos as luces, calefaccións ou aparellos eléctricos que non estamos utilizando, non só aforramos o gasto de enerxía á nosa economía doméstica. Tamén llo aforramos ao planeta. Esta aposta vai nunha única dirección: reducir ao mínimo o impacto que as nosas necesidades poidan ocasionar ao medio ambiente global e local. Ou o que é o mesmo: construír un mundo máis sostible e xusto para todas as persoas de hoxe e para as do mañá, sen por iso comprometer as necesidades do resto de criaturas coas que compartimos a Terra.

Esta mesma é a filosofía que adoptou o Concello da Coruña, unha aposta integral que se traduce en plans e medidas executadas para unha xestión sostible da iluminación pública, a posta en marcha de varias plantas de coxeneración para o aproveitamento in situ da enerxía térmica e eléctrica xerada ou a optimización da enerxía consumida nas instalacións municipais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión