Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de setembro de 2020

Borrego asegura que o concello optará por aplicar na cidade solucións sustentables que se aborden en Mar de Mares

O teniente de alcaldesa falou na presentación da sétima edición do festival que é unha obriga apoiar este tipo de iniciativas “tanxibles” e cun carácter global e transversal como esta, que se desenvolverá do 24 ao 27 de setembro

O teniente de alcaldesa e concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, acudiu esta mañá á presentación do sétimo Festival Mar de Mares, que terá lugar do 24 ao 27 de setembro. O edil explicou que é unha obriga como institución pública apoiar este tipo de iniciativas "tanxibles" e darlles visibilidade. Para Borrego, a importancia do evento está en que promove a defensa do planeta desde un punto de vista global e transversal e que une disciplinas como medio ambiente, gastronomía e cultura dentro dunha mesma filosofía de respecto: "Somos un e de nós depende o futuro", polo que "seguiremos apoiando e optando por solucións sustentables que poidamos aplicar na nosa cidade".

A directora de Mar de Mares, Mercedes Carballo, sinalou que co festival A Coruña se converterá na capital mundial da preservación dos océanos. Nesta edicion marcada pola Covid-19, a responsable recordou que 2020 foi declarado ano da emerxencia climática e destacou a necesidade de se impoñer un mundo máis verde e máis azul: "Coa pandemia, aparece unha nova problemática coa presenza de desinfectantes, máscaras, luvas e refugallo sanitario nos mares".

Carballo afirmou que o festival non perde un dos seus sinais de identidade como é o seu carácter lúdico e de celebración e incluirá como é habitual actividades para todos os públicos: "Comezamos este sábado coa primeira saída da goleta Juan de Lángara, cun percorrido pola baía que se repetirá todas as fins de semana de setembro".

A edición pecharase en outubro coa clausura da exposición da fotógrafa Isabel Muñoz, que se poderá desfrutar na Dársena. As súas imaxes, ademais de teren unha extraordinaria beleza, lanzan mensaxes firmes sobre o coidado da nosa contorna. Por outra parte, haberá danza e un programa de encontros inspiradores en que se abordarán temas como a arqueoloxía que agochan os océanos ou as novelas que despiden salitre e para os que contarán con persoas expertas como Miguel San Claudio, Domingo Villar ou Nacho Carretero xunto ás e aos profesionais de Salvamento Marítimo, que realizarán un rescate en directo.

Tamén se proxectarán os mellores filmes do mar, incluída a peza audiovisual "As vías da terra", producida polo festival e que fai un seguimento do percorrido que realiza a auga que tomamos na comarca da Coruña. Entre outras citas, organizaranse paseos polo bordo litoral con Xurxo Souto, actividades nas aulas en que os estudantes de Secundaria se familiarizarán con oficios do mar ou unha "busca do tesouro" familiar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión