Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

23 de xaneiro de 2021

Medio Ambiente aumentará un 20% as liñas de subvencións para financiar os gastos das colonias felinas da cidade

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, comprometeuse coas diferentes asociacións que xestionan as colonias felinas da cidade a aumentar a achega económica municipal para apoiar o seu importante labor

Esther Fontán, concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, reuniuse con representantes das diferentes asociacións que xestionan as colonias felinas existentes na cidade para lles manifestar o seu agradecemento pola tarefa voluntaria que están a levar a cabo para controlar a poboación de gatos na Coruña.

Trasladoulles a importancia do seu traballo e o compromiso da concellería para continuar apoiando o seu labor. Para iso vanse asinar convenios nominativos con estas asociacións e a súa contía virá determinada de acordo co gasto xustificado en anos anteriores para a xestión das colonias e aumentarase nun 20%.

Aínda que ata agora o Concello da Coruña se facía cargo das facturas das esterilizacións dos gatos que as persoas voluntarias das asociacións capturaban para manter controlada a súa poboación, este método de asumir os custos atopouse con reparos da Intervención municipal, o que determinou que, ao rematar os acordos coas asociacións, se buscase outra fórmula para seguir apoiándoas que atopase mellor acomodo na normativa que regula a xestión do diñeiro público.

A maneira de apoiar economicamente a estas asociacións será a través de convenios nominativos que se tramitarán no próximo modificativo de crédito para atender, entre outras obrigas, a diferentes asociacións que traballan na cidade.

O compromiso de Medio Ambiente é tamén acelerar ao máximo os trámites para poñer en marcha este novo modelo de xestión, que como todo cambio custa implementar, pero que vai permitir achegar maior axilidade, xa que as asociacións contarán cunha cantidade coñecida dispoñible e terán que xustificar o seu destino presentando as facturas previamente aboadas.

A concelleira aproveitou a ocasión para agradecer o bo traballo destas persoas que de xeito voluntario fan unha labor importantísima no control e benestar destes felinos rueiros.

Enerxía sostible

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión