Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

30 de outubro de 2020

O Concello convida a cidadanía a achegar as súas suxestións ao proxecto para converter a cúpula do Monte San Pedro nun museo

As persoas interesadas poden enviar as súas propostas a través do enderezo electrónico medioambiente@coruna.es desde hoxe e até o próximo 13 de novembro

O Concello abre o prazo para presentar suxestións ou achegas ao proxecto municipal para converter a cúpula do Monte de San Pedro nun museo. O prazo para que a poboación envíe as súas propostas será de cinco días hábiles, desde hoxe e até o 13 de novembro, e deberá facelo a través do enderezo electrónico medioambiente@coruna.es. Na mensaxe deberá deberá indicarse o nome e apelidos da persoa que realiza a achega ou suxestión, así como un medio de contacto por se se considerase de interese aclarar algunha cuestión. As persoas interesadas poden consultar as liñas xerais do proxecto nesta ligazón da web municipal de Medio Ambiente https://bit.ly/3oEbZ6L.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, sinala que "o monte de San Pedro é sen dúbida o espazo do noso Concello onde mellor se visualiza a realidade natural da Coruña: mar, ceo e monte en perfecta conxunción, a musealización  desta cúpula pretende que as persoas visitantes comprendan a realidade natural na que está inscrita a nosa cidade".

O Concello está a executar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI), que ten como propósito transformar a área urbana da cidade nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador.

A Estratexia EDUSI da Coruña está financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional (FEDER) no marco do eixo 12 de desenvolvemento urbano do Programa Operativo de Crecemento Sustentable, actualmente Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) cun coeficiente de cofinanciación do FEDER do 80%.

Unha das liñas de actuación da estratexia, a desenvolver polo Servizo de Medio Ambiente, é a liña de actuación número 2 Memoria do bordo litoral e fluvial: recuperación de enclaves de costa, fontes, lavadoiros e cursos fluviais do municipio na que se enmarca a musealización da cúpula de San Pedro. Preténdese crear un espazo que, aproveitando a localización, singularidade e oportunidades que brinda a Cúpula, permita aos visitantes, a nivel divulgativo comprensible e ameno, coñecer e interpretar o litoral do golfo Ártabro desde diversos ámbitos de coñecemento.

Separación de residuos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión