Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xullo de 2021

O Concello destaca a mellora da accesibilidade nas praias no acto do izado da bandeira azul

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, recordou que Santo Amaro e Oza dispoñen de todos os servizos necesarios para as persoas con diversidade funcional e recordou a presenza de informadoras/es nos accesos aos areais, que lembrará ás usuarias e usuarios as normas de seguridade actuais

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, izou este mediodía a bandeira azul en Riazor, nun acto simbólico co que se dá conta da calidade medioambiental e dos servizos das praias coruñesas, que este ano se poderán desfrutar dentro dunha "mellor normalidade". Un avance con respecto ao ano pasado é a supresión dos semáforos de control de capacidade xa que "a situación vai mellorando", mais recordou que a normativa vixente implica o peche de areais e de parques en horario nocturno, polo que de momento non se retirarán os valados de Riazor. A concelleira sinalou que a premisa do Goberno de Inés Rey é que todas e todos poidamos desfrutar mellor desta tempada estival, pero sempre con sentido común.

Neste sentido, Fontán gabou a actitude das persoas usuarias que gardan correctamente a distancia de seguridade nestas primeiras semanas de verán e destacou a presenza un ano máis de informadoras/es nos accesos que poñerán ao día das normas actuais e entregarán bolsiñas para depositar os restos orgánicos e inorgánicos, así como máscaras e cinceiros: "O máis recomendable é acceder aos puntos habilitados nas entradas para fumar e favorecer así a convivencia entre veraneantes". Ademais, destacou a mellora na accesibilidade de Santo Amaro e Oza, que dispoñen de todos os servizos necesarios para as persoas con diversidade funcional: "Tamén arranxamos a rampla do Matadoiro" e a beirarrúa de todo o Paseo Marítimo co fin de facelo accesible para as persoas con discapacidade visual: "En accesibilidade melloramos un 100%".

Ademais, Esther Fontán recordou a nova aplicación móbil CEUS, que reforzará o traballo realizado polo equipo de salvamento. Deste xeito, a cidadanía pode contactar directamente coas persoas socorristas e estas poderán xeolocalizar no momento calquera emerxencia. Tamén informará doutros aspectos como as condicións meteorolóxicas en tempo real, as correntes, a cor das bandeiras que indican a perigosidade do baño ou do índice de raios UVA.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión