Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2024

O Concello mellorará a área canina do parque de Santa Margarida

A actuación comprende a creación dunha entrada ao parque desde a rúa San Mateo, cambios na superficie actual e unha reforma do acceso

O Concello da Coruña iniciará a vindeira semana os traballos de mellora da área canina do parque de Santa Margarida, que levará aparellada a creación dunha nova entrada ao parque na rúa de San Mateo. O obxectivo do Goberno de Inés Rey con esta actuación é proporcionarlles ás persoas usuarias deste espazo unha serie de melloras para fomentar o seu uso.

A actuación comprende a reestruturación do espazo para facelo máis accesible e que o seu acceso poida facerse desde San Mateo. Para iso, incorporóuselle ao parque unha superficie na cara norte deste espazo e á área canina outra superficie na cara sur.

Ademais, instalarase un novo pavimento de empedrado nunha superficie de 300 metros cadrados na nova zona de acceso á área canina. Tamén se creará unha nova zona de entrada e de lavado dos animais. O peche deste espazo tamén será restaurado e está previsto o axardinamento do perímetro, ademais do acondicionamento da zona que pasa a ser do parque.

Está previsto que esta actuación se complete nun prazo de tres semanas. O Goberno de Inés Rey continúa dando pasos para que as persoas con animais dispoñan de espazos de calidade ao aire libre. O pasado ano aprobouse a nova Ordenanza de animais, coa inclusión da cala de Bens como praia canina durante todo o ano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión