11 de agosto de 2007
O Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, repartirá nos próximos días 15.000 cinceiros portátiles nas praias da cidade. Con esta iniciativa, perséguese concienciar os cidadáns da importancia de manter limpas as praias e non tirar as cabichas na area.
Os cinceiros, con forma de cono e de cor azul, son fáciles de transportar e están fabricados en polipropileno reciclable, non tóxico e libre de cloro e chumbo. As 15.000 unidades que se lles entregarán aos bañistas nas praias de Riazor, Orzán, Matadoiro, As Lapas, San Amaro e Oza conteñen dúas mensaxes: "Fumar prexudica a saúde", e "As cabichas prexudican as praias".
A Concellería de Medio Ambiente xa emprendeu esta iniciativa o pasado verán, co obxectivo de concienciar os bañistas da necesidade de non tirar as cabichas na area, favorecendo o coidado e a limpeza das praias.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible