Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Concellería de Medio Ambiente co mercado de proximidade e natural

Este ano a Concellería de Medio Ambiente celebra o 5 de xuño no Mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade do Campo da Leña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/06/2022 ata o 31/12/2022

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase desde a súa institución pola ONU en 1973 cada 5 de xuño, sendo a plataforma máis grande que existe para a divulgación ambiental. Celébrano millóns de persoas en todo o mundo e cada ano auspicia as celebracións un país diferente (en 2022 correspondeulle a Suecia).

Este ano para celebrar esta data, a concelleira da Área de Medio Ambiente, Esther Fontán, acompañou a concelleira de Mercados, Comercio e Barrios, Diana Cabanas, ao Mercado Ecolóxico do Campo da Leña, que se realiza na praza de España o primeiro e terceiro domingo de cada mes entre as 10.00 e as 15.00 h.

Desta maneira, as dúas concelleiras quixeron promover a alimentación natural e o consumo de produtos de proximidade polos beneficios que implica tanto para a saúde como para a nosa contorna.

No Mercado Ecolóxico do Campo da Leña o 50% dos produtos á venda teñen certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, un 25% corresponden a produción ecolóxica da cidade e o 25% restante a artigos de proximidade.

Consumo de auga

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión