O prazo para solicitar estas axudas convocadas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático termina o 12 de setembro de 2025
Para público en xeral
Dende o 22/01/2025 ata o 12/09/2025
As asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía, con anterioridade ao 21.01.2025, poderán ser beneficiarias destas axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia.
Con elas poderán cubrir distintos gastos subvencionables, sempre que fosen efectivamente realizados entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025.
As bases desta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, publicáronse o 21 de xaneiro de 2025 no Diario Oficial de Galicia (boletín núm. 13) e nelas establécense todos os requisitos de participación que deberán cumprir os colectivos interesados.
As axudas pódense solicitar desde o día seguinte ao da devandita publicación ata o próximo 12 de setembro, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento MT811B).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible