Concello da Coruña

Concello da Coruña

Finalizado o procedemento de revogación dos hortos urbanos

Unha vez completado o procedemento de revogación dos hortos urbanos aberto en novembro, adxudicáronse provisionalmente as parcelas baleiras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/03/2023 ata o 31/03/2023

Xa rematou

Documentos:

Resolución adxudicación e listas de reserva definitivas (378 KB)

O procedemento de revogación dos hortos urbanos municipais iniciouse o pasado 22 de novembro, para investigar a falta de cultivo de determinadas parcelas conforme ao recollido na clásula 17.b da convocatoria actual de uso dos hortos urbanos (BOP número 28, do 10 de febreiro do 2022).

Unha vez finalizado o trámite de audiencia dado ás persoas adxudicatarias das parcelas afectadas e analizadas as alegacións presentadas resolveuse adxudicar, provisionalmente, as parcelas/mesas cuxa falta de uso ficou constatada. Os terreos asignáronse aos integrantes da listaxe de reserva existente por rigorosa orde de prelación.

As persoas propostas para ocupar ditas parcelas terán 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao desta publicación (17.03.2023) para recoller as chaves e asinar a acta de aceptación da parcela/mesa proposta. A recollida de chaves terá lugar nas dependencias da Concellaría de Medio Ambiente (rúa Pedro Ferrer, s/n, edificio Casa da auga en horario de 08.30 h a 14.30 h de luns a venres).

No caso de que non se responda á citación, as parcelas/meseas que queden dispoñibles adxudicaranse ás seguintes persoas da listaxe de reserva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión