Concello da Coruña

Concello da Coruña

Finalizou o episodio de contaminación microbiolóxica das augas de baño na praia de Oza

A Consellaría de Sanidade comunicou que, segundo as últimas analíticas, a auga é apta para o baño

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/08/2022

Xa rematou

A Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade comunicou á Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña que dá por finalizado o episodio de contaminación microbiolóxica da auga de baño na praia de Oza, rexistrado a pasada semana.

Segundo os datos das últimas analíticas, efectuadas o pasado domingo 7 de agosto, detectáronse menos de 500 NMP/100ml de enterococos intestinais, menos de 800 NPM/100 ml de Escherichia coli, niveis que segundo Sanidade son aceptables e non supoñen un risco para a saúde dos bañistas.

Na praia manteranse expostos para información dos usuarios os datos coa cualificación sanitaria final da auga de baño así como toda información relevante establecida regulamentariamente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión