Os excrementos animais deben deixarse nos colectores de fracción orgánica, dentro de bolsas pechadas e impermeables, estando prohibido o seu depósito en papeleiras.
Para público en xeral
Dende o 31/01/2024 ata o 31/12/2024
O Servizo de Medio Ambiente lémbralles aos posuidores de animais en relación cos lugares e horario de depósito das dexeccións de animais que, de acordo co artigo 91 da Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria e o artigo 16.4 da Ordenanza reguladora para a protección e tenza de animais:
1.- As dexeccións dos animais débense recoller en bolsas impermeables de forma inmediata, tras producirse.
2.- A continuación depositaranse nos colectores de fracción orgánica.
3.- En ningún caso poden depositarse en papeleiras nin nas entradas de rede de sumidoiros.
Estas normas constitúen unha excepción á regra xeral de horario de depósito de residuos contida no art. 23 da Ordenanza de xestión de residuos municipais, polo que o depósito das dexeccións dos animais nos colectores de fracción orgánica, en bolsas impermeables e pechadas é posible realizalas en calquera momento do día, sen suxeición ao horario xeral establecido no citado artigo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible