Concello da Coruña

Concello da Coruña

Terminan os traballos de execución do mural de Neptuno e Hércules cun revestimento para a súa fixación

Numerosos veciños e visitantes detéñense estes días para contemplar os detalles do mural situado xunto á praza das Lagoas cuxo deseño finalizou o pasado domingo 31 de xullo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 31/07/2022 ata o 03/08/2022

Xa rematou

Páxina web:

Oficina Virtual do Grafiti

Os rostros de Neptuno, Deus do Mar, e Hércules, fillo de Xúpiter e executor mitolóxico de doce grandes traballos (entre eles o seu enfrontamento co lendario xigante Gerión), quedaron perfectamente definidos no mural que o lucense Diego AS (1989) finalizou o último domingo de xullo no Paseo Marítimo, entre a Praza das Lagoas e a Domus.

Enfrontados como a Torre ante o océano, a composición completa amosa a un Neptuno ameazante, enroscado nas súas barbas, cun tridente na man ante un robusto Hércules do que emanan unhas voraces criaturas que parecen saltar á realidade.

Con este mural de grandes dimensións (5 metros de alto na súa parte máis alta e 70 metros de longo), executado en branco e negro, como o Xulio César que Diego AS pintou fronte á muralla romana de Lugo, e que lle valeu o recoñecemento como mellor artista urbano internacional do 2021 polo portal belga Street Art Cities, iníciase un proceso para transformar o aspecto de moitos espazos en branco da cidade.

A Concellería de Medio Ambiente, a través da Oficina Virtual do Graffiti e coa colaboración imprescindible de numerosos artistas locais tratará de converter A Coruña e as súas diferentes expresións do street art no mellor museo de arte urbana ao aire libre de España. Unha iniciativa que servirá para dar visibilidade ao talento dunha mocidade creadora e para evidenciar a vitalidade dunha cidade que evoluciona coas súas novas expresións artísticas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión