Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ultímanse os novos convenios para a xestión das colonias felinas

Este ano 2022 o orzamento municipal contempla unhas subvencións de maior importe ca no pasado ano 2021

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2022 ata o 31/10/2022

Xa rematou

Os convenios coas asociacións protectoras de animais que colaboran  coa Concellería de Medio Ambiente na atención das colonias felinas entran na última fase de tramitación.

A Concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, salienta a gran labor realizada nos últimos anos polas asociacións protectoras de animais que colaboran co Concello na atención e coidado das colonias felinas, facendo unha valoración moi positiva dos resultados obtidos no pasado ano, en que se outorgaron as primeiras subvencións nominativas para levar a cabo estas actuacións.

Este ano 2022 o orzamento municipal contempla unhas subvencións de maior importe ca no pasado ano 2021, e, tal e como sinala Esther Fontán, "Nesta ocasión buscarase incluír tamén nos gastos subvencionables outros conceptos estreitamente vinculados á atención dos gatos rueiros, tales coma gastos veterinarios e de alimentación".

Neste momento mantense o número de colonias felinas existentes, na procura da súa consolidación e estabilización, cun axeitado control dos individuos pertencentes a estas colonias, pero nun futuro valorarase a posible creación de novas colonias gatunas, a medida que as actuais vaian estando consolidadas.

Na Coruña hai 18 colonias felinas recoñecidas que son xestionadas por catro asociacións sen ánimo de lucro (Gatuchinos, Felinos Felices, Coruña Gatuna e Micos e Nós) e que aplican o método CES na administración do grupo felino (Captura-Esterilización-Solta). Co seu traballo, estes colectivos contribúen á supervivencia dos gatos en liberdade en contornas urbanas controladas nos que son alimentados, desparasitados, vixiados e mantida baixo control a súa poboación. Deste xeito evítase calquera risco sanitario para animais ou persoas e contribúese a reducir a presenza de ratos e insectos na zona. Estes gatos pódense identificar por unha pequena incisión que se lles fai na orella antes da súa solta, o que facilita o seu recoñecemento posterior.

As colonias felinas dispoñen de persoas voluntarias debidamente autorizadas e acreditadas, que depositan a diario penso e auga limpa e fresca nas casetas habilitadas para tal fin, as cales deben manter en correcto estado de limpeza, retirando os restos de alimentos sobrantes. Igualmente, teñen a obriga de manter a contorna en correcto estado libre de residuos e lixo. Están indicadas con cartelería informativa para que a veciñanza as recoñeza. As últimas colonias autorizadas instaláronse no ano 2022 na rúa Petunias (Barrio das Flores) e na Avda. Monelos.

Todas estas entidades subscribiron o correspondente convenio de colaboración co Concello, o que lles permite percibir unhas axudas imprescindibles para o correcto desenvolvemento do seu cometido. Estas axudas son as que agora veranse incrementadas cun maior importe e coa inclusión da cobertura de gastos de alimentación e veterinarios.

Colonias felinas existentes na Coruña

Asociación Gatuchinhos

  • Colonia Regata Cutty Sark
  • Colonia Paseo Menhires
  • Colonia Torre (camiño Praia Lapas)
  • Colonia Los Rosales (Simón Bolívar)
  • Colonia Pavo Real (punto limpo Ronda de Outeiro)

Asociación Felinos Felices

  • Colonia Santa Margarita
  • Colonia Falperra
  • Colonia Petunias (Barrio das Flores)
  • Colonia Tulipanes (Barrio das Flores)
  • Colonia Nardos (Barrio das Flores)
  • Colonia Praia de Oza
  • Colonia A Cubela 

Asociación Coruña Gatuna

  • Colonia Oceanográfico (Paseo Fco. Vázquez)
  • Colonia Avda/Monelos
  • Colonia Os Castros-Paseo de Oza 

Asociación Micos e Nos

  • Colonia Praza Almirante Romay
  • Colonia Palavea
  • Colonia Barrio de Eirís ​

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión