Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paseo Marítimo da Coruña

Enderezo:

Paseo Paseo Marítimo, s/n.

CRONOLOXÍA

Inicio das obras: ano 1990

Praia do Orzán - Escravas

  • Inaugurado o día 14 de xullo de 1992. A empresa que realizou as obras foi Ginés e Navarro (actualmente ACS).

San Roque de Fóra, zona Escravas

  • Inauguración o día 8 de maio de 1995. A empresa adxudicataria das obras foi Cubertas e Necso (anteriormente Cubertas e Mzov).

Maestranza - Fonte dos Surfeiros

  • Inauguración o día 26 de febreiro de 1996. A empresa que realizou as obras foi a UTE de Arias Irmáns, Sacyr e Segundo Rodríguez.
  • Existe unha parcela de 3000 metros cadrados, coñecida anteriormente como Predio dos Mariño, habilitada como miradoiro na zona do Matadoiro. Inauguración: 3 de xullo de 2009

Escravas - Millenium

  • O día 10 de xuño de 1999 inaugúrase un tramo de 500 m. construído polas empresas Necso e Entrecanais e Cubertas.
  • O día 13 de agosto de 1999 inaugúrase un novo tramo de 300 m.

Millenium - Rosales

  • Inauguración o día 11 de outubro de 1999 dun tramo de 160 m.

Os Rosales - Portiño

  • Inaugúrase un tramo de 2.3 km. construído pola empresa ACS.

LONXITUDE

Na actualidade, o paseo Marítimo mide aproximadamente 12 km.

CARRIL BICI

O carril bici dispón dos seguintes tramos:

  • Dársena da Mariña - Aquarium
  • Aquarium - Praia do Matadoiro
  • Praia do Matadoiro - Rúa Sol
  • Rúa Sol - As Escravas
  • As Escravas - Discoteca Moom 57 (Green)
  • Discoteca Moom 57 (Green) - Millennium
  • Millennium - Portiño

ÁREA AUTOCARAVANAS

  • No tramo final do paseo Marítimo, nun dos aparcadoiros do acceso ao porto do Portiño hai unha área para o estacionamento de autocaravanas. Ten unha capacidade de 12 prazas, con conexións aos servizos de luz, auga potable e rede de sumidoiros.
  • Inaugúrase o día 25 de xullo de 2006.

DATOS DE INTERESE

  • No último tramo construído do paseo Marítimo (Portiño), descubríronse os restos dunha praia fósil con milleiros de anos de antigüidade. Estes restos atópase acristalados e teñen un panel informativo.
  • Na coiraza que divide as praias de Riazor e Orzán están instaladas as bandeiras da Comunidade Autónoma de Galicia e a Española.

Contaminación difusa

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión