PROGRAMA COMPOSTEIROS DOMÉSTICOS CORUÑA 2026
Chega o programa sobre compostaxe caseira dirixido a persoas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes.
O Concello da Coruña vai distribuir gratuitamente 80 composteiros domésticos de 300 litros entre todas aquelas persoas interesadas en colaborar no tratamento de residuos de orixe doméstica.
Coñeces a compostaxe doméstica?
Consiste en transformar os residuos orgánicos xerados nun fertilizante para as túas plantas ou xardín. É sinxelo e moi cómodo.
Só tes que dispor dun terreo, xardín, horta ou espazo adecuado para a instalación dun composteiro doméstico e empregar o compost obtido.
Coa compostaxe, reciclas a materia orgánica e reduces a cantidade de residuos que acaban no colector. Os residuos non viaxan porque quedan na túa casa e isto permite cerrar o ciclo da materia orgánica, coma na natureza, ademais de contribuír a frear o cambio climático.
Cales son os principais beneficios?
Que obtés se resultas beneficiario dun composteiro?
Cal é o teu compromiso?
Queres ter parte na campaña de composteiros domésticos 2026?
Tanto se es persoa física como centro educativo ou asociación sen ánimo de lucro, poderás realizar a solicitude dun composteiro presentando o modelo normalizado.
Inicialmente, reservaranse 30 unidades para centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro, e as restantes 50 unidades, para persoas físicas.
Os composteiros asignaranse por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello da Coruña e sempre que cumpran cos requisitos desta convocatoria. Deberás presentar as túas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello da Coruña ou a través de calquera das outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Podes consultar a información desta convocatoria nas bases que te deixamos a continuación, e solicitar un composteiro utilizando os seguintes formularios: Convocatoria Composta Coruña_anexos solicitudes
O prazo para solicitar un composteiro será do 21.08.2026 ao 10.09.2026, ambos incluídos.
Esperámoste!
Bases da convocatoria (anuncio BOP núm. 158 de 20.08.2026) (152 KB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible