30 de setembro de 2022
Durante 15 días hábiles poderanse presentar suxestións ou propostas sobre o proxecto de acondiconamiento da canle e das marxes do río
O Concello da Coruña conta co Proxecto de acondicionamento ambiental do Río de Quintas no barrio de Santa Xema, con data de redacción de setembro de 2016, e importe de execución, IVE incluído, de 169.172,92€. Co obxecto de promover a participación pública e recoller a opinión da veciñanza, asociacións e outras entidades, quérese someter o citado proxecto a consulta pública.
O prazo de duración da consulta será de 15 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, estendéndose ata o próximo 30 de setembro.
As suxestións, propostas, etc. remitiranse á dirección electrónica medioambiente@coruna.gal. No correo electrónico deberá indicarse o nome e apelidos da persoa que realiza a presentación así como un medio de contacto, por se se considera de interese a aclaración dalgunha cuestión.
Consulta o Proxecto na sección de Documentos e informes ambientais dentro da apartado Natureza e biodiversidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible