Concello da Coruña

Concello da Coruña

Subministración, instalación e mellora do mobiliario do ENIL Torre de Hércules

20 de abril de 2022

Ábrese o prazo para presentar suxestións ou achegas para a mellora das infraestruturas e dotacións existentes na actualidade, facéndoas máis accesibles, seguras, durables, sustentables e integradoras

O Concello da Coruña está a executar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (EDUSI). Dita estratexia ten como propósito transformar a área urbana da Coruña nun espazo de maior calidade urbana, equilibrado económica e socialmente, inclusivo e integrador.

A Estratexia DUSI da Coruña está financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixo 12 de desenvolvemento urbano do Programa Operativo de Crecemento Sustentable, actualmente Programa Operativo Plurirregional de España (POPE) cun coeficiente de cofinanciación do FEDER do 80%.

Unha das liñas de actuación da Estratexia, a desenvolver polo Servizo de Medio Ambiente, é a liña de actuación número 2 "Memoria do bordo litoral e fluvial: recuperación de enclaves de costa, fontes, lavadoiros e cursos fluviais do municipio" na que se enmarca a realización de subministración, instalación e mellora do mobiliario do ENIL Torre de Hércules.

As actuacións para realizar pretenden mellorar as infraestruturas e dotacións existentes na actualidade, facéndoas máis accesibles, seguras, durables, sustentables e integradoras, incluíndo as seguintes tipoloxías:

• Mantemento e/ou reparación do mobiliario presente, que inclúe actuacións de:

  • Limpeza de pintadas, mofos, sucidade, etc.
  • Substitución de pezas deterioradas ou que falten
  • Lijado, pulido e vernizado dos elementos
  • Arranxo de fixacións e outros elementos deteriorados

• Eliminación e retirada de mobiliario

• Reposición de mobiliario

• Subministración e instalación de sinais interpretativos e de placas permanentes coa información sobre a actuación normalizada conforme a criterios EIDUS

Desta forma, ábrese un prazo de 5 días hábiles para que, quen o desexe, realicen as súas achegas ou suxestións ao correo electrónico: medioambiente@coruna.es. No correo electrónico deberá indicarse o nome e apelidos da persoa que realiza a achega ou suxestión así como un medio de contacto por se se considerase de interese aclarar algunha cuestión.

Documentos:

Anuncio (184 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión