Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concurso: #BookfaceBMC #AgoraSonunLibro

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

Dende o 04/10/2017 ata o 16/10/2017

Xa rematou

Contacto:

Baseándonos no fenómeno #Bookfacefriday, polo que un libro se converte na túa cara, lanzamos o #BookfaceBMC #AgoraSonunLibro para promover libros en lingua galega.

Morgan Holzen, bibliotecaria da New York Public Library, quería animar a xente a participar nas redes sociais da biblioteca e pensou en incorporar libros nas súas publicacións. Inspirada nunha iniciativa anterior, Sleeveface, que usaba portadas de discos para reemprazar caras, pensou en facer o mesmo pero con libros.

As bibliotecas collemos a súa idea e convidámosvos a participar promovendo a lectura en galego.

Como participar?

  • Síguenos no Instagram @bibcoruna
  • Sube a túa foto e usa os hashtags #bookfaceBMC  #AgoraSonunLibro e etiquétanos,
  • Envíanos esa mesma foto, xunto co teu nome, apelidos e teléfono de contacto a bibliotecas@coruna.es

Que consigo por participar?

  • As 5 fotografías con máis "Gústame" en Instagram gañarán 2 entradas cada unha para o concerto do AgoraSón 2017 do 20 de outubro.

Elixe un libro en galego, convérteo na túa cara e sube a fotografía ao Instagram. Non esperes máis!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión