Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Viñetas desde o Atlántico 2023

Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2023. Obra de Manel Cráneo

A Coruña convértese un ano máis na capital do cómic para celebrar, do 7 ao 13 de agosto a 26.ª edición desta mostra internacional de referencia.

Viñetas desde o Atlántico, o festival internacional de cómic da Coruña que se realiza anualmente no mes de agosto dende 1998 chega este ano á súa XXVI edición.

O ilustrador local Manel Cráneo (@manelcraneo) asina o cartel desta edición que dá voz e presenza ás mulleres no mundo do cómic, buscando a diversidade, abrindo xanelas ao mundo da animación e a poesía gráfica, poñendo en valor as creadoras e creadores locais e tendendo pontes con Autobán.

Entre o 7 e o 13 de agosto haberá un amplo conxunto de exposicións, charlas e conferencias e visitas de artistas convidados/as como Laura Pérez Vernetti, Alberto Vázquez, Teresa Radice, Stefano Turconi, Isa Feu, Marta Guerreiro, Marika Vila ou Elisa McCausland, entre outras, ademais de realizar merecidas homenaxes aos recentemente desaparecidos Calpurnio Pisón e Francisco Ibáñez.

O festival contará con seis grandes exposicións, ademais de visitas, unha mesa redonda, proxeccións de cinema, música, talleres para profesionais e público infantil, ademais de acoller o encontro sectorial de editoriais e librerías especializadas de toda España na Rúa de Banda Deseñada.

Coma sempre, as bibliotecas estaremos moi presentes, tanto no propio festival cunha caseta propia onde realizaremos préstamos das últimas novidades e das obras das autoras e autores invitados, así como nas actividades que organizamos arredor desta temática nas nosas bibliotecas:

Tes toda a información no blog de cómic Fancómic.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión