Visita o álbum de fotosdo programa Biblioteca Verde
Charlas e debates
Persoas adultas
25/10/2017
Xa rematou
De 19.00 a 20.55 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981 189 886
Hai outras formas máis sustentables de facer ou de vivir, descúbreas!
Cesteando é o nome do documental de Plácido Romero que nos achega o modo de vida do seu protagonista, Toño do Val. Mediante unha reflexión contemporánea sobre a cultura tradicional, o amor á terra e a liberdade persoal, esta obra invita a cavilar sobre a recuperación do mundo rural, a posibilidade de cambiar de vida e os traballos artesáns de sempre.
Producido por Arraianos, estreouse en Ourense no ano 2016 e participou en diversos festivais.Neste encontro poderemos ver o documental e logo conversar co creador e co protagonista.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible