Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Municipal Ágora

Enderezo:

Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Teléfono:

981 189 886

Fax:

981 189 887

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario:

Inverno: luns, mércores, xoves e venres: 09.00-20.30 h

martes: 9.00-14.00 h e 16.00-20.30 h

Sábados: 10.00-14.00 h e 17.00-20.30 h

Verán: luns, mércores, xoves e venres: 09.00-20.30 h

martes: 9.00-14.00 h e 16.00-20.30 h

Sábados: 10.00-14.00 h

Fóra destes horarios a devolución de libros farase na caixa de correos da porta principal.

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os martes pecha das 14.00 ás 16.00 h)
    • Sábados: das 10.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.30 h
  • Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro, incluídos)
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os martes pecha das 14.00 ás 16.00 h)
    • Sábados: das 10.00 ás 14.00 h
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 7 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

A Biblioteca Municipal Ágora intégrase dentro da rede de bibliotecas municipais da Coruña e ofrece os seguintes servizos:

Espazos para nenos e nenas, mocidade e persoas adultas:

  • Bebeteca, de 0 a 3 anos
  • Zona infantil que se divide en dous tramos de idade con espazos diferenciados: de 0 a 8 anos e de 9 a 14 anos. Centro de interese SOS Nais e Pais, que reúne unha selección de recursos para orientar as familias nas diferentes etapas do crecemento dos fillos e fillas.
  • Zona xuvenil
  • Zona de persoas adultas
  • Préstamo de documentos, tanto a socios individuais como socios colectivos (entidades): libros de ficción e de materias, películas, documentais, CDs de música etc.
  • Internet e ofimática. Acceso a Internet con equipo portátil propio mediante wifi ou ben utilizando os ordenadores de uso público que hai na biblioteca.
  • Visionado de películas e audición.
  • Lectura de xornais e revistas.
  • Reserva de aulas a grupos, para realizar traballos en grupo ou reunións.
  • Actividades de promoción da lectura para todas as idades, cursos, charlas, visitas á biblioteca, talleres etc.
  • Servizo de atención tecnolóxica
  • Escáner
  • Voluntariado: cos seguintes programas Préstamo no fogar, Lectura en voz alta, alfabetización de persoas adultas...

Máis información

A Biblioteca Municipal Ágora, inaugurada en 2012, é a de maior tamaño de todas as que forman a Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña xa que supera os 1.700 metros cadrados.

Situada xeograficamente á beira do histórico Barrio de Mariñeiros, dá servizo a unha ampla zona xeográfica, un importante volume de poboación que supera os 20.000 habitantes (San Pedro de Visma, parte de Labañou, Mariñeiros, Peruleiro, Agra do Orzán, Ventorrillo, A Silva e Cances).

A Biblioteca atópase dentro do Centro Ágora, un equipamento municipal integrado e cunha variada programación dirixida a todo tipo de públicos.

A biblioteca actúa como un equipamento sociocultural de proximidade, dando servizo e atención ao conxunto da veciñanza da súa zona de influencia.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Actividades relacionadas

Próximas actividades nesta biblioteca

  • Coa lingua de fóra: Francés

    Cando:

    Dende o 04/10/2023 ás 19:00 ata o 19/06/2024 ás 20:30 , os mércores

    Inscricións:

    Dende o 13/09/2023 ata o 19/06/2024

    Require inscrición.

    Horario:

    De 19.00 a 20.30 horas.

  • BbEncontro: O bambeo do elefante : Contos de fórmula

    Cando:

    23/03/2024

    Inscricións:

    Dende o 16/03/2024 ata o 23/03/2024

    Require inscrición.

    Horario:

    11.30 horas.

  • Internet desde cero no móbil

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 12/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 25/03/2024 ata o 30/03/2024

    Inscrición presencial na biblioteca

    Horario:

    09.00-12.00 horas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión