Clubs
Persoas adultas
07/03/2018
Xa rematou
Dende o 01/03/2018 ata o 07/03/2018
Mércores, cada quince días, de 11.00 a 12.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Queres participar no Club De Lectura DL, para persoas adultas?
No Club de Lectura DL, abrimos inscrición para aquelas persoas que todavía queiran incorporarse ao noso club.
Gústache a lectura? Eres lector/a? pois todavía nos quedan moitas lecturas por compartir e queremos darvos a oportunidade de completar o noso grupo. Queremos máis clubeiras e clubeiros e podes ser ti!!
As sesións realízanse os mércores en horario de mañá, ás 11.00 h., cada quince días.
Queres saber ...
Nos clubs de lectura compartimos lecturas e compartímonos. Quéreste unir?
Os clubs de lectura son grupos de persoas que comparten, de forma coordinada, unha lectura e logo coméntana e valórana. Dende as bibliotecas proporcionamos os libros que os clubs necesitan para dar inicio a esta conversa e tamén coordinamos algúns dos grupos onde teñen cabida persoas moi diferentes entre si e intereses de moitos tipos. Non se necesita un nivel de lectura experto, pero si inquietudes culturais, gana de ler, facer amizades e intercambiar opinións de forma respectuosa e aberta. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Se estás na procura dun club de lectura e pensas que aquí o podes atopar, bótalle unha ollada á ampla oferta de clubs de lectura que temos en marcha. Poderaste inscribir a través da páxina web, presencialmente na túa biblioteca ou chamándonos por teléfono. As prazas asígnanse por orde de inscrición.
Os Clubs xerais len todo tipo de xéneros, estilos, épocas...
Os Clubs de lectura temáticos realizan as súas lecturas sempre seguindo un fío condutor: un formato, unha temática, un xénero literario etc.
Os Clubs de lectura por lingua son aqueles que len nun único idioma: o galego.
O Club de lectura virtual é o grupo de lectura no que non hai data e hora concretas para as xuntanzas e debates, toda a participación se realiza nun blog.
Os Clubs de lectura infantís e xuvenís son aqueles que ofrecen lecturas adaptadas a estas idades.
Os Clubs de lectura cidadáns son grupos autónomos de persoas que nos solicitan libros en préstamo e que se reúnen fóra das bibliotecas.
O Club de lectura fácil: Fiando historias é o grupo de lectura dirixido a pacientes de saúde mental e que ten por obxectivo facer as persoas partícipes dunha actividade que lles axuda a mellorar o seu nivel de participación activa na sociedade.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible