Talleres
Infantil
de 8 a 12 anos
22/04/2017
Xa rematou
Dende o 15/04/2017 ata o 22/04/2017
de 12.30 a 13.45 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 388
De que mellor maneira podemos celebrar o Día do Libro? Con Arte nos libros!
Dentro do Programa Ler conta moito, internámonos na figura de Maruja Mallo con lecturas e actividades plásticas, que conforman este divertido taller no que poderedes observar, dialogar, xogar e crear, a partir de imaxes e textos literarios, para coñecer unha muller galega, transgresora cos convencionalismos sociais do seu tempo, á que se lle negou ata a data un lugar na historia da pintura española. Por iso é polo que Maruja Mallo é denominada "a surrealista esquecida", pintora surrealista española da xeración do 27 e unha artista da denominada vangarda interior española.
Como para non descubrir, a través dos libros, a magnífica pintura desta grande artista!!
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible