Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso

EidusCoruña

Documentos técnicos

Elaborar unha estratexia urbana, ou calquera outro documento que opte a financiamento externo e que ademais pode ter repercusión na nosa vida cotiá, é unha tarefa ardua aínda que moi gratificante se se pensa nos seus posibles beneficios.

Para tratar de facilitar o máximo posible ese labor seleccionamos unha serie de documentos técnicos que foron unha base importante para a elaboración, redacción e posterior aplicación de todo o aprendido.

O "Buscador" facilitarache a selección dos documentos segundo o seu ámbito territorial: a nosa cidade e a súa contorna, autonómico, estatal e europeo.

71 resultados

  • Plan de acción para a implementación en España da Axenda 2030

    O Congreso dos Deputados adoptou o 12 de decembro de 2017 unha proposición non de lei para orientación política do Goberno na definición da estratexia nacional para o cumprimento da Axenda de Desenvolvemento Sustentable 2030, o que se traduciu posteriormente neste Plan de acción, documento programático orientado á posta en marcha do proxecto aprobado.

  • Plan de aforro e eficiencia enerxética (2011-2020). IDAE

    Este Plan de Acción 2011-2020 dá continuidade aos Plans de Aforro e Eficiencia Enerxética aprobados anteriormente polo Goberno español, e pretende configurarse como unha ferramenta central da política enerxética estatal.

  • Plan de Avaliación dos Programas Operativos FEDER 2014-2020. Elementos comúns

    1 de xuño de 2018 (v14, aprobada tras os Comités de Seguimento de 2018). A avaliación pódese definir como o proceso de observación, medida, análise e interpretación encamiñado ao coñecemento dunha intervención pública, para acadar un xuízo valorativo baseado en evidencias, respecto do seu deseño, implementación, logros, resultados ou impactos. A súa finalidade é ser útil a quen deseña as políticas públicas, a quen as xestionan, ao tempo que se mostran evidencias á cidadanía dos logros que se acadaron coa intervención.

  • Plan de Avaliación Específico do Programa Operativo de España 2014-2020

    30 de maio de 2018 (v2, aprobada no Comité de Seguimento de 2018). O presente documento define o sistema de avaliación, os obxectivos, mecanismos de gobernanza e coordinación, e a previsión das avaliacións que se propón realizar sobre as intervencións do programa, cunha breve descrición do contido e o orzamento de cada unha. O obxectivo do PdE Específico do POPE é definir as condicións particulares de realización das actuacións de avaliación que se circunscriben ao ámbito do programa, dirixidas a apoiar a Autoridade de Xestión e os Organismos Intermedios na súa implementación, analizando a súa eficacia, eficiencia e impacto.

  • Plan de enerxías renovables (2011-2020) - IDAE

    O Plan de Enerxías Renovables (PER) 2011-2020 aprobouse o de 11 de novembro de 2011, establecendo obxectivos acordes coa Directiva europea 2009/28/CE, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e atendendo a outros mandatos que regulan a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e a economía sustentable.

  • Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda PITVI (2012-2024)

    O Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda (PITVI) 2012-2024 supera o tradicional enfoque da planificación cun novo rumbo. Céntrase en dar resposta ás necesidades efectivas de mobilidade e de acceso á vivenda da sociedade española. O PITVI proporciona a visión estratéxica no horizonte 2024, en sintonía coa liña europea trazada na Rede Transeuropea de Transporte. Desta maneira ambos os instrumentos, de alcance e horizontes temporais distintos, son coherentes e refórzanse mutuamente.

  • Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica 2010-2015 (Plan MOVE)

    Nas áreas metropolitanas pretende afrontar a conxestión con medidas orientadas ao aumento de capacidade das redes viarias e á diversificación de tráficos, ademais de actuacións de apoio que favorezan unha complementariedade entre o vehículo privado e o transporte público. Este plan pretende responder a unha concepción global da rede viaria galega, así como integrar a visión metropolitana. Así mesmo establece unha clasificación funcional da rede, á marxe da titularidade, de maneira que se poida entender como un sistema único. Foi impulsado inicialmente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia en 2009, e contempla un segundo horizonte temporal ata o ano 2020.

  • Plan de Mobilidade Urbana Sustentable (PMUS)

    Un PMUS é unha ferramenta de planificación e concienciación para a cidadanía, administracións e axentes implicados na mobilidade, que desenvolve de forma gradual un conxunto de actuacións, con obxectivos a curto, medio e longo prazo, que potencian formas de desprazamento máis sustentables (camiñar, bicicleta, bus urbano...). Un plan de mobilidade urbana efectivo faise necesario para cambiar o actual modelo baseado no consumo de combustible, o ruído e a contaminación provocada polo vehículo privado, cara a outro máis sustentable. O PMUS municipal foi aprobado no Pleno do 21 de outubro de 2014.

  • Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL)

    O Plan de Ordenación do Litoral ten por obxecto establecer os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística da zona litoral baseada en criterios de perdurabilidade e sustentabilidade, así como a normativa necesaria para garantir a conservación, protección e posta en valor das zonas costeiras.

  • Plan de Promoción Industrial da Coruña e da súa área de influencia

    A capacidade de crecemento económico non pode nin debe depender exclusivamente do sector servizos nunha perspectiva a longo prazo. Este sector terciario constitúe unha importante fonte de emprego e renda pero o seu crecemento está condicionado polo impulso dos sectores produtivos, polo que un sector industrial potente resulta unha peza clave para o desenvolvemento dunha economía moderna e para a xeración de emprego na Coruña e a súa área de influencia.

resultados 71

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

?

Iniciar sesión