Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

Visita o álbum de fotos desta biblioteca

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os venres pecha das 14.00 ás 16.00 h)
    • Sábados: das 10.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.30 h
  • Verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro, incluídos)
    • Luns a venres: das 9.00 ás 20.30 h (os venres pecha das 14.00 ás 16.00 h)
    • Sábados: das 10.00 ás 14.00 h
  • Días de peche: domingos e festivos, 24 e 31 de decembro, e sábado de Semana Santa.

Como chegar?

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de autobús urbano

Liña 1- Liña 1A - Liña 2 - Liña 2A - Liña 12A - Liña 17 - Liña 20 - Liña 22

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, mocidade e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais que poderás levar en préstamo, música e cinema, ordenadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos.

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrecen esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

Inaugurada en 1996 coa peculiaridade de formar parte dun centro cultural que se caracteriza por ser un ente vivo e en constante transformación para adaptarse aos intereses do barrio ao que serve. O seu obxectivo é fomentar a participación social mediante unha actuación integradora e de carácter compensador de desigualdades ofertando servizos de apoio á educación, a información e o lecer.

Situada xeograficamente no Parque Europa, dá servizo a unha ampla zona xeográfica (A Gaiteira, Os Castros, San Diego, Catro Camiños, Rolda de Outeiro, Monelos, Elviña, así como á área metropolitana da Coruña).

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

Un día na Biblioteca Fórum

Próximas actividades nesta biblioteca

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión